Vilagarcía de Arousa pedalea de nuevo

O servizo municipal de bicicletas estreouse este luns tras ser solventado un problema informático
Unha das cinco estacións de bicicletas de Vilagarcía
photo_camera Unha das cinco estacións de bicicletas de Vilagarcía

O servizo municipal de bicicletas volve a Vilagarcía con varias novidades. Onte foi o primeiro día en que veciños e visitantes puideron gozar de novo deste servicio, paralizado durante varios anos, despois de que un problema informático forzase a aprazar a súa estrea uns días.

A instalación dos parques de estacionamento dos vehículos das bicicletas Vai Bike xa estaba completada, pero un problema coa conexión entre o sistema dos monitores e a entidade bancaria mediante a que se realiza o pago dos abonos impediu que fora posible sacar as bicicletas durante a fin de semana, como estaba previsto. A pesar disto, dende primeira hora da mañá do luns xa era posible retiralas e apareceron os primeiros ciclistas urbanos polas rúas da vila.

As cinco estacións coas que conta o servizo encóntranse no Cadavelo, Vilaxoán, Carril, o barrio do Piñeiriño e en frente da estación de tren. A empresa que xestiona o servizo non descarta ampliar o número de estacións no futuro se a iniciativa tivese éxito. O sistema de aluguer de bicicletas xa existira durante varios anos en Vilagarcía, ata que o Concello decidiu suprimilo, no ano 2012. O actual Goberno local quixo retomar esta iniciativa renovando o parqué de vehículos, que contan con unha nova cor, luces LED e operan cun sistema electrónico diferente. As bicicletas son ancladas nas estacións e a tramitación dos abonos é xerada nun monitor ou ‘tótem’ que se encontra o seu lado, puidendo facerse en calquera das cinco estacións.

Os usuarios poden escoller entre distintos tipos de abono: o diario ten un prezo establecido de tres euros, o semanal de dez, o mensual de 15 e o abono anual custa 25 euros. Para darse de alta, o usuario ten que achegarse a un dos tótems e introducir os seus datos. O pago faise mediante tarxeta bancaria, e as tarxetas para os abonos de maior duración son enviada ós domicilios dos usuarios nun prazo duns días. Para facilitar o uso por parte de familias ou grupos, permítese a retirada de varias bicicletas cunha mesma tarxeta.

Con este servizo búscase fomentar a mobilidade e unha forma de transporte non contaminante.

Comentarios