Muller e ciencia. Rumbo ao 8-M

A visión de xénero emerxe como un dos grandes retos da Intelixencia Artificial

As catro convidadas ao Café de Redacción sobre Muller e ciencia organizado por Diario de Pontevedra, subliñan a importancia e a urxencia de incluír a ollada da muller en todos os eidos da innovación e a tecnoloxía, a fin de evitar o sesgo de xénero no algoritmo, pero tamén a nivel económico "suporía un crecemento importante do PIB" 
Café de Redacción sobre Muller e Ciencia no Diario de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Café de Redacción sobre Muller e Ciencia no Diario de Pontevedra. DAVID FREIRE

So o 22% das persoas que investigan a Intelixencia Artificial (IA) son mulleres. Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, subliñaba recentemente nunha conferencia impulsada pola Deputación a través da Escola María Vinyals, a importancia e a urxencia de que elas tomen parte tamén desta tecnoloxía. 

"Estase reformulando o mundo no que vivimos e nós precisamos estar aí para achegar o noso punto de vista", destaca no Café de Redacción promovido por Diario de Pontevedra, a presidenta provincial, Carmela Silva.


As tres científicas convidadas a falar sobre a muller e a ciencia e o seu futuro coinciden. É unha cuestión fundamental achegar a visión de xénero aos avances da IA que copan titulares nos nosos días.

Así, a directora da Escola de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo (UVigo), Elena Alonso, fala do enorme valor de que os equipos sexan diversos na investigación en xeral, e por suposto no eido da IA. "Enfrentarse a una investigación con perspectiva de género es fundamental. Primero porque en los equipos de trabajo que hay diversidad van a plantearse soluciones que van a responder a los colectivos reales. Y también por la visión más amplia que suelen tener las mujeres respecto a cómo enfrentar los problemas", engade a investigadora.

As expertas poñen o foco en que a IA está a herdar os sesgos de xénero da propia sociedade polo que "é preciso poñer en marcha algún mecanismo de control" que corrixa as discriminacións, sostén Elena Alonso. "La IA va por delante", advirte a directora da Escola de Enxeñería de Minas da UVigo. E é que segundo datos da Unesco, o 85% dos proxectos de IA xa xeneran hoxe resultados erróneos debido aos distintos sesgos que vai adoptando o algoritmo.

"Debería haber normas que controlaran como  se vai xestando a IA porque nos vai a vida e os dereitos nelo", subliña pola súa banda Carmela Silva. 


Debería haber normas que controlaran como  se vai xestando a IA porque nos vai a vida e os dereitos nelo" (Carmela Silva)

 

EN CLAVE ECONÓMICA

Por outra banda, a inclusión da ollada feminina en todos os campos da tecnoloxía de maneira xeral, pero no eido da IA en particular  é fundamental desde un punto de vista económico, sosteñen as catro poñentes.

"Suporía un crecemento do PIB importante, para empezar porque en Europa non temos o número de egresados e egresadas suficientes", explica a presidenta da Deputación. 

Elsa Vázquez chama a atención sobre a falta de man de obra en profesións consideradas tradicionalmente masculinas. "Y aquí los medios también tienen su responsabilidad porque cuando a veces cuando una chica escoge un ciclo masculinizado (soldadura, electrónica...) lo recogen como si fuera un bicho raro. Hay que normalizarlo", advirte a investigadora de Ciencias do Mar que fai fincapé na responsabilidade do sector da comunicación para rachar con moitos estereotipos e nromalizar o protagonismo feminino en todos os espazos.

Finalmente, Carmela Silva lanza a pregunta: "que porcentaxe da PIB se perde porque as mulleres non estamos integradas na dirección, no sistema económico, na innovación, na tecnología...?"  Incluso desde un punto de vista práctico é fundamental, engade a química Mari Álvarez Lires, "mira só, por exemplo todas as posibilidades que se abren na sanidade".

"Sen ter en conta a ideloxía da igualdade, que o que procura é mellorar a existencia humana, se non se ten en conta a ollada da muller estanse perdendo posibilidades económicas", conclúe a presidenta provincial.

Comentarios