Volve o inverno

Xogo de tronos é arestora o fenómeno cultural máis notable por dimensión e formatos. Marta Veiga analiza a ficción máis complexa e cruel que deu a televisión co gallo da estrea da sexta tempada o próximo día 24. Camilo Franco comenta os cambios sociais do país en relación coa obra Eroski Paraíso, de Chévere. Os deseños de Charles e Ray Eames fascinan a María Piñeiro, o mesmo que lle acontece con Castelao a Ramón Rozas, que comenta unha mostra do artista no Museo de Pontevedra, ou a Portorosa coas librarías clásicas. Javier Nogueira pon de relevo a importancia da industria do algodón na Historia. Nacho Mojón lembra a un xefe 'gafapasta' e Jaureguizar pregúntase polos aires mariñeiros que lle sopran a Félix de Azúa.

Comentarios