''A xente implicouse coa festa solidaria e hoxe imos repartir 1.000 racións de paella''

Miguel Maquieira, presidente dos comuneiros (Foto: David Freire)
photo_camera Miguel Maquieira, presidente dos comuneiros (Foto: David Freire)

Miguel Cancela, presidente da Comunidade de Montes de Curro

Como xurdiu a idea da festa?

Estabamos coa idea de facer algo solidario e coincidiu que tamén comezamos a organizar as festas do verán na parroquia. Nesa toma de contacto descubrimos á empresa Galicia Espectáculo, que quería preparar unha presentación das súas orquestras para este ano. Así xurdiu a idea dunha especie de gala coa que recaudar alimentos para Cáritas.

Como foi a implicación do resto dos colectivos?

Boísima. Non quero esquecer a ninguén, entre todas as asociacións que se sumaron está Amigos da Fervenza de Barosa, Terras de Curro e Acebarro, que é a asociación de empresarios. Unha morea de empresas locais, que achegan alimentos e que con donativos axudarán a compoñer a paella xigante.

Como será a xornada de hoxe?

Bueno, o primeiro que hai que dicir é que contaremos coa presenza da presidenta de Cáritas de Pontevedra e tamén dalgúns voluntarios do colectivo para organizar a recollida de alimentos. Despois, que tamén a asociación Terras de Curro e outros voluntarios estarán axudando no reparto de racións gratuítas de paella. E que contaremos cun cociñeiro que se encargará de cociñar para que ás 22.30 horas xa se poida estar repartindo a comida. Despois, o resto da gala corre a cargo das orquestras e pensamos que ao ser cinco hai música e diversión garantizados hasta as cinco da mañá.

Cal é o obxectivo da gala?

Recadar canto máis comida mellor. Cáritas explicounos que hai demanda de galletas, fariña, azucre, cacau, tomate frito, arroz, aceite e leite, pero aceptamos todos os produtos, en especial non perecedeiros, que queira achegar o público. Algúns comercios xa puxeron caixas para que os que queiran aportar sen asistir os deixen nos establecementos.

Cal é o sentido deste evento?

Ser solidarios ante a crise e colaborar cunha asociación que está facendo un labor tan importante coma Cáritas. Nós, como comunidade de montes, pola nosa parte, seguiremos tratando de atallar os problemas da crise tamén a nivel local.

Como vai a petición de permiso para ofrecer cursos e emprego aos parados de Curro?

Estamos á espera da resposta da Xunta. Nós presentamos un proxecto dun curso para 400 horas ou un pouco menos, de tarefas silvícolas, enfocado a contratar brigadas propias. Se non no-lo conceden estamos analizando outros ‘plans b’ porque o que está claro é que queremos actuar ante o problema do paro entre os nosos veciños.

Comentarios