Xibraltar, tema encanallado

Dende que o señor Picardo, que ven sendo o alcalde e non outra cousa da colonia de Xibraltar, tivo a idea de depositar setenta bloques de formigón, con agullas, nas augas da bahía de Alxeciras, o home consigueu diversas cousas, fundamentalmente compromete-la economía das xentes que viven da pesca, profesión esforzada, naquelas augas sobre as que Xibraltar non ten xurisdicción. Pero a colonia inglesa vive depredadoramente a costa de España, como se o noso país fose realmente a colonia. Resultado, que os residentes na Rocha son, no gran mundo, os terceiros individuos en renta per cápita, anque moitos deles vivan en Sotogrande, onde teño visto amarrados moitísimos iates, todos con folio xibraltareño. ¿Qué significa éso? Ademáis da deslocalización fiscal que eso poida conlevar, pode que sexa tamén nese enclave de luxo onde disfruten dos peixes e moluscos que os pescadores obteñen na bahía alxecireña. Contra a recomendación da ONU Xibraltar sigue sendo colonia e non se aduviña o momento no que España poida recupera-la soberanía daquela praza prá que o señor Picardo parece ter un plan de crecemento, expansionista cara o Levante. Daí os recheos que, con area do sistema dunar tarifeño, e con rocalla, estea a ocupar, polo este, un mar que non lle pertence. ¿Pero pra ónde estaba mirando o Goberno español? Interquinencias prás xentes, inspecciós, na fronteira coa colonia inglesa. ¿Pero cómo se explica que cada cinco minutos estivera entrando un camión de gran porte pra acrecenta-los recheos, alonga-los espigós nos que están a delimitare o que xa lle chaman “Eastern Bay” ou “Catalan Bay”, tamén “Sandy Bay”, espacio de gran valor ecolóxico? Dentro das vergonzas que van aflorando, como que a denuncia do tránsito de area e pedras dend´o concello de Tarifa foi obra dunha agrupación ecoloxista, Verdemar-Ecoloxistas en Acción, asunto no que vai entrare o Fiscal Xeral do Estado; que un ministro do actual Goberno está presente no accionariado dunha das empresas de “bunkering”, das gasolineiras flotantes, un peligro, que surten ós barcos en ruta; que o Goberno non interrumpeu o tránsito de area e pedras ata o 24.08; antr´esas vergonzas, digo, sí hai reacciós positivas por parte da sociedade española: a movilización da flota alxecireña; a actuación de dous buceadores profesionales, Álvaro Cuadras e Vicente Javier Jiménez, que se solagaron acompañados dun equipo de televisión pra fotografiaren e filma-los famosos bloques, onde deixaron unha bandeira española, símbolo da súa “conquista”. Chamoume a atención ver cómo un deles afundía a man na area do fondo e sacaba nela, pareceume, abundancia de coquinas e ameixas, seguramente as que máis tarde degustan os ricos de Sotogrande/Xibraltar. Hai unha certa preocupación antr´os mariñeiros alxecireños, mermada a súa pesca nun 70%. Pero non están sóos. Os mariñeiros d´A Coruña xa contactaron coeles e brindáronlle a posibilidade de presentárese no mar de Alxeciras con 400 barcos. Ése é o tipo de reacción que se está a producire contra as actuaciós piratas de Xibraltar. Unha reacción da marca España que reside nos cidadáns antes que no propio Goberno ó que lle levan colado non poucos goles dende que Moratinos, o que fora ministro “excelso” de Exteriores con ZP, se fotografiou en Xibraltar. Un dos “éxitos” da súa diplomacia foi o de establecer unha mesa a tres –España, Gran Bretaña e Xibraltar— pra tratare os asuntos da colonia. Unha vergonza, algo que debe ser tratado exclusivamente antre os dous países soberáns. E a soberanía española, cando Xibraltar xa non ten valor como base, é algo que España debe reclamar insistentemente, ó mellor intermediada por don Juan Carlos coa súa parente a reina de Inglaterra. Picardo debe retira-los bloques e os recheos. E o Goberno español actuar e que se vexa, que neste como noutros asuntos parece leva tempo ausente.

Comentarios