Lunes. 11.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 11.12.2017
El tiempo

María Varela, xornalista de Diario de Pontevedra, gaña o Fernández del Riego

María Varela
María Varela
O xurado destaca a aposta de futuro do artigo 'Cóxegas e tartas', publicado o 29 de abril de 2016

Por un artigo titulado Cóxegas e tartas, publicado o 29 de abril de 2016 na última de Diario de Pontevedra, a xornalista María Varela gañou este ano o premio Fernández del Riego. O galardón, que forma parte dos premios de xornalismo de Afundación e recoñece traballos en lingua galega, galardona "a aposta de futuro" do texto. "É un artigo que empuxa", sinalou o presidente do xurado, Alfredo Conde. 

O gañador do outro recoñecemento, o Julio Camba, para artigos en castelán, foi Miguel Anxo Murado, polo texto El cedazo de los días, publicado en La Voz de Galicia.

María Varela, xornalista de Diario de Pontevedra, gaña o Fernández...