Xosé Rodríguez Romay gaña o I Concurso Proxectos de Cración Fotográfica: O Mar

Xosé Rodríguez Romay, residente en Pontevedra, foi elidido hoxe gañador do 'I Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar', organizado polo Museo do Mar de Galicia e o Centro de Estudos Fotográficos.

Como resultado das deliberacións levadas a cabo pola Comisión Organizadora do concurso, formada polos directores do Centro de Estudos Fotográficos, Manuel Sendón e Xose Luis Suárez Canal, e polo director do Museo do Mar, Pablo Carrera, acordouse por unanimidade outorgar o premio a Romay polo seu proxecto titulado 'No gran azul', atendendo sobre todo á súa orixinalidade, así como ao currículo, experiencia e calidade técnica amosados polo autor en traballos anteriores.

O obxectivo deste concurso é ofrecer aos novos autores a posibilidade de elaborar un proxecto propio relacionado co mar galego dende múltiples perspectivas. Este fotógrafo galego recibirá como premio unha bolsa cunha dotación de 3.000 euros para a realización dun traballo fotográfico que, atendendo á súa proposta, estará centrado na pesca no litoral. A Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do desenvolvemento da obra, que será exposta no Museo do Mar a finais de 2009.

Comentarios