jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Xoves de ceos anubrados e chuvascos, máis probables no norte

O Tempo
O Tempo
Os termómetros oscilarán en Pontevedra entre os sete graos de mínima e os 13 de máxima

A presenza de aire frío en altura será fonte de inestabilidade na xornada deste xoves en Galicia, situación que traerá ceos parcialmente anubrados e con chuvascos máis probables e frecuentes na metade norte. Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral. Pola súa banda, a cota de neve sitúase nos 1.200 y metros e as temperaturas continuarán sen cambios significativos. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 14 graos en Ferrol, os 13 graos en Pontevedra, Vigo e A Coruña e os dez graos en Lugo. En canto aos valores mínimos, descenderán até os cinco graos en Ourense, os seis na capital lucense e os sete graos na Boa Vila e as outras grandes urbes galegas, salvo A Coruña, onde non baixarán dos oito graos.

Xoves de ceos anubrados e chuvascos, máis probables no norte
Comentarios
ç