Xuntanza de princesas

Esta semana asistimos ao que foi o primeiro encontro entre as dúas princesas de España, a que vén no lote e que a elixiu o pobo. Dona Letizia e Belén Esteban coincidiron nun evento cheo de razón e de personaxes das esferas política e social do país. Moitos non entendían que facía alí a de San Blas, por moito que copresente o programa de corazón máis exitoso da actualidade, pois no lugar non había nin campanarios nin marchantes que xustificasen a súa presenza. No entanto, a principal sorpresa non se producía una noche más, senón que o que deixou a máis de un coa boca aberta foi que fose dona Letizia quen se dirixise a Belén para chamala polo nome e preguntarlle que tal estaba. E é que se fose unha Leticia calquera, ou mesmo Leticia Sabater, isto non tería nada de estraño, pero era a Letizia que se escribe con z e que vai ser raíña de España. A princesa do pobo semella que sempre estivo algo obsesionada con dona Letizia e, de aí, que a súa primeira toma de contacto se producise en 2010 cando a agasallou cuns zapatos da colección que ela mesma presentara, ao que a Casa Real lle enviou unha nota de agradecemento. Pero desde aquela, nunca máis se soubo do conto. Agora o tema salta á actualidade non só por anecdótico, senón polo que pode agochar detrás. ¿Sucedería isto noutro momento en que a monarquía non estivera pasando momentos baixos? ¿Queren os príncipes de verdade achegarse á princesa do pobo porque pensan que iso lles aumentará o querer da sociedade?

Comentarios