Xuntos reúne na súa gala benéfica a David Amor, Frederlyn, Cristian e Pedro Volta

PON0301P11F2.JPG
photo_camera PON0301P11F2.JPG

«O fundamental é acadar visibilización», di o presidente da asociación Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo. «Nunca se enfocou esta gala de cara á recadación de diñeiro, que tamén é importante, senón para achegarnos aos pontevedreses, que a xente vexa de que son capaces estes rapaces. É a nosa festa anual».

Xuntos celebrou onte a súa XVIII gala benéfica no Pazo da Cultura de Pontevedra. «Dezaoito anos non son poucos. Nin para a asociación, nin para o público, nin para a xente que organiza este gran espectáculo». Á fronte da organización volveu poñerse Ángel Barry, «alguén sen o que este evento non se podería celebrar». Este ano preparou a que, segundo el, sería «a gala máis espectacular de todas as realizadas».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios