lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

"O home caeu na conta de que estaba ante algo novo"

Ramón Rozas e Juan Castro Carrera. CAROLINA NEIRA
Ramón Rozas e Juan Castro Carrera. CAROLINA NEIRA

O columnista do Diario Ramón Rozas fala sobre a revolución artística do século XX

Un ateigado salón da Biblioteca Vidal Pazos acolleu este martes á tardiña a conferencia do historiador da arte e columnista do Diario de Pontevedra Ramón Rozas, encadrada nas Xornadas Blanco Freijeiro, na que diseccionou os movementos culturais nados no berce do século XX, "un fervedoiro artístico", en palabras de Rozas. "O que diferenza a este século do resto da historia é os movementos que xurdiron nel tiñan unha duración moi curta, solapábanse e incluso había artistas que eran un movemento en si mesmos", relatou.

Desde o expresionismo alemán ata as creacións abstractas, pasando polo cubismo ao que lle deu forma un visionario Cézanne ou polo futurismo, Rozas foi "paseando" co público polo novo paradigma que abriu o século XX. "Foi a primera vez que o home tivo constancia de que estaba frente a un modelo novo".

Rozas incidiu no marco histórico e social que arrodeou ao século pasado e que influenciou ao mundo cultural daqueles anos. "O mundo urbano comezou a protagonizar a vida das persoas, que ata o momento estaban máis presentes no espazo rural, e produciuse unha explosión da industrialización", que comportou cambios nas rutinas dos habitantes das cidades como París, "centro cultural daquela Europa". "Algúns avances do mundo científico, como a teoría da relatividade de Einstein ou a psicoanálise de Freud tiveron unha pegada moi grande nos artistas", así como o cine "que foi o gran medio artístico do século XX".

O historiador e crítico cultural tamén destacou os rasgos definitorios da axetrada vida moderna, chea de exposicións e actividades culturais que se esparcían ao longo e ancho das urbes.

"UNHA REFERENCIA". Ramón Rozas agradeceu a Juan Castro Carrera, coordinador das xornadas, que contase con el para unha das sesións, e felicitou ao Concello e á vila de Marín polo feito de "conservar e manter durante tanto tempo unhas xornadas coma estas que, lamentablemente, adoitan a desaparecer dos programas culturais dos municipios". "Para os que nos adicamos a este mundo, as Xornadas Blanco Freijeiro, ca súa longa andadura, son toda unha referencia", engadiu.

Pola súa parte, Castro, encargado de presentar a Rozas, destacou a súa labor como crítico cultural e sacou a colación a monografía feita polo columista deste xornal sobre o pintor Manuel Torres.

"O home caeu na conta de que estaba ante algo novo"
Comentarios
ç