Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

Activado un operativo para o rescate dun surfista en apuros na Praia dos Alemáns

Praia dos alemáns. TURISMO GALICIA
Praia dos alemáns. TURISMO GALICIA

Mentres agardaba a axuda, o mozo foise resgardando nas rochas ata que, finalmente, foi recollido pola embarcación da Garda Civil

Un surfista foi rescatado esta tarde ante a dificultade de alcanzar a beira, en Cangas.

Ao lugar acudiron medios da Garda Civil e de Salvamento Marítimo para axudar ao mozo que se atopa en bo estado de saúde, salvo algunha rabuñada.

Foi ás 18:30 horas deste venres cando o 112 Galicia recibiu unha chamada dos axentes da Policía Local que informaban dun surfista en problemas na Praia dos Alemáns. Decontado, púxose en marcha un operativo de Salvamento Marítimo que se resolveu decontado ao achegarse ao rapaz unha patrulleira da Garda Civil.

Unha vez na embarcación dos axentes, o surfista puido recoller a súa táboa que decidira soltar ante as dificultades de alcanzar a beira. Mentres agardaba a axuda, o mozo foise resgardando nas rochas ata que, finalmente, foi recollido pola embarcación da Garda Civil.

Arestora, será trasladado ao Porto de Cangas con apenas unhas rabuñadas polo corpo, polo que, inicialmente, rexeitou o trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, en prealerta desde o 112 Galicia por se fose necesaria a súa intervención.  

Activado un operativo para o rescate dun surfista en apuros na...
Comentarios