O alcalde de Cangas xa está na súa casa

Xosé Manuel Pazos foi operado a pasada semana de pulmón e seguirá o tratamento no seu domicilio de Vigo ata recibir a alta

Xosé Manuel Pazos Varela. FB
photo_camera Xosé Manuel Pazos Varela. FB

Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas do Morrazo, xa deixou o hospital vigués no que foi operado de pulmón a semana pasada e recupérase na súa casa de Vigo, onde seguirá o tratamento. Nos últimos días recibiu numerosas visitas e moitas mensaxes de ánimo a través do teléfono móbil. 

De todos os xeitos, segue de baixa pero co firme desexo de volver canto antes ao consistorio de Cangas e á súa actividade cotiá.

Pazos Varela, escritor e político, naceu en Coiro (Cangas) en 1957. Foi deputado autonómico e concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas. Desde 2015 é rexedor por ACE, formación coa que encabezou a lista electoral e coa que está á fronte do Concello co apoio doutros partidos. 

Comentarios