A alcaldesa de Cangas reta ao PP a que presente unha moción de censura

De non saír adiante, José Enrique Sotelo debe comprometerse a presentar a súa dimisión
Exterior del concello de Cangas. GOOGLE MAPS
photo_camera Exterior del concello de Cangas. GOOGLE MAPS

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, reta a José Enrique Sotelo, portavoz do PP na localidad canguesa, a que presente unha moción de censura e saque así do poder "ao que el denomina como okupas e gobernos bolivarianos". Portas puxo a condición de que esa moción vaia acompañada dun compromiso "de que se non a saca adiante presente a súa dimisión de inmediato, ao quedar demostrado novamente que os cangueses e canguesas non o queren no goberno". 

Este desafio do Goberno local cangués vén a raíz dunhas declaracións realizadas por Sotelo nunha recente rolda de prensa sobre o remanente de tesourería e que desde a Alcaldía califican de "falsas" e que demostrará "non con palabras senón con documentación no seu momento". O PP acusou ao Concello de Cangas de fraccionamento de contratos menores.

"Eu só podo dicir que hai que ser moi irresponsable, para nestes momentos que estamos a vivir de negociacións, moi necesarias para o noso concello, para quo o PP, da mán do señor Sotelo, presente unha rolda de prensa, co único fin de desviar a atención cara á parte económica", indica Portas nun comunicado, que leva toda a fin de semana intercalando actos sociais con conversacións cos grupos políticos para sacar adiante o Plan concellos que vén dotado de cerca de 800.000 euros. Os populares votaron en contra das axudas durante o último pleno da corporación.

Comentarios