Ángel Santos, cineasta: "Cada xeración ten que buscar a súa lingua e a súa estética"

O gran gañador da XX edición do Festival de Cans foi o realizador Ángel Santos (Marín, 1976), que obtivo catro dos premios principais do certame audiovisual grazas a súa nova curtametraxe Alicia fai cousas
O cineasta marinense Ángel Santos. ISAURA DOCAMPO
photo_camera O cineasta marinense Ángel Santos. ISAURA DOCAMPO

MARÍN é berce de cineastas. Mostra disto é o gran número de realizadores, directores ou productores que triunfan polo mundo adiante coas súas pezas audiovisual. O cineasta Ángel Santos é un deles e acaba de triunfar no XX Festival de Cans ao gañar catro premios grazas a súa curta Alicia fai cousas. Logrou os premios nas categorías de Mellor curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina. Trátase dun triunfo histórico en Cans xa que ninguén ata o de agora conseguira gañar en catro categorías tan importantes coa mesma curtametraxe.

Non é a primeira vez que leva unha produción a Cans, nin a primeira vez que gaña un galardón no festival, pero si que é a primeira que alguén gañá catro no evento coa mesma peza e tamén que vostede o consegue. Que supón para vostede este feito?
Sempre é medio raro levar premios. Por aquí estamos acostumados á derrota e ao perder tras perder (risas). Tampouco é gañar, que non é cuestión de gañarlle a outra personas, senón que é un recoñecemento ao traballo. Estou sorprendido pola unanimidade no criterio e feliz polo recoñemento e o traballo de todo o equipo. Ao final fai máis ilusión pola xente que participou e que esta aí, non de xeito precario, pero nunca son as condicións ideais. Tamén é un premio de dirección e creo que hai quince anos que non levaba un (risas) entón sempre fai ilusión. 

Alicia fai cousas é a curta que lle fixo levar os galardóns. De que trata?
Alicia é unha rapaza nova de 25 anos que dalgunha maneira comeza a preguntarse por como é ela. A película é unha especie de conto moral ao redor da idea do aburrimento, que é a superficie, pero pode ter máis capaz filosóficas sobre a incapacidade para relacionarse coa vida, cos demáis o co que desexamos. Na curta, que ten un ton de comedia moral, máis lixeiro, é preguntarse polo aburrimento e ver que sar de aí.

É unha realidade na vida de calquera rapaza nova, pero cal é a ensinanza da historia? Que intentan trasmitir con ela?
En realidade nunca me pregunto tanto cal é o punto chegada, senón que me interesa máis o proceso de preguntarse. A ferramenta ou capacidade máis fermosa que ten o cine é a de poder preguntarse cousas. Non me interesa tanto un cine que me ofreza respotas, senón un no que se pregunte. Nós cando facemos as pelis nos gusta plantexarnos cousas que non sabemos moi ben tampouco a onde chegamos. Neste caso, o guion era bastante claro nese sentido ou poco claro, depende por onde o mires. Preguntámonos cousas e non sabíamos moi ben cal era a conclusión, pero hai algo de cuestionarse por esa incapacidade de vivir certas cousas. Logo vemos un persoaxe que non deixa de facelas. Esa era un pouco a ironía do asunto o non poder facer nada, pero si que o estás a facer.

Creo que hai moita xente facendo cinema que non ve cinema, cousa que me sorprende; é como adicarse á pintura e non saber que é Goya

Cal foi o proceso de creación da curtametraxe e en que momento surxe a idea?
Partiu da relación con Alicia Armenteros, que é a actriz protagonista da curta. Coñecímonos nun festival , levámonos ben e enseguida pensamos en facer algo xuntos, aínda que logo se demorou bastante, porque eu son de escritura lenta. A idea surxiu de falar moito con ela das cousas que lle preocupaban  e que conectaban conmigo; esa sensación de non saber que facer as veces e de quedarse un pouco atorado e case sen acción, é dicir, acabo quedando na casa por non saber como relacionarme co mundo. De aí falábamos desa idea do aburrimento, pero partía moito das conversas con ela.

Leva máis de vinte anos no sector audiovisual, que evolucionou moito ata chegar ao que é hoxe. Como foi o seu proceso de adaptación?
En realidade si que houbo un proceso moi longo e quizáis o que mudou máis foi a cuestión máis puramente tecnolóxica. Agora é moi fácil acceder a certos medios. Pero en realidade iso é o que menos me preocupa, que é unha cuestión máis técnica e como se fan as cousas. O que me preocupa é o que se fai con esas ferramentas e o onde colocas a cámara, como contas unha historia... Iso é o que me preocupa e dentro diso pois a miña evolución ven de moito máis atrás e a dos demáis. Por iso hai cousas que non me interesan moito cando enseguida vexo que a xente se preocupa máis polo aspecto técnico e tecnolóxico que por como contar as historias.

Precisamente agora mesmo cun móbil podes case gravar unha película. Cre que perxudica ao sector?
É algo que ten as dúas vertentes. Por un lado é xenial e de feito eu dou clases a rapaces de once anos e facemos películas, con e sen comiñas, cos seus teléfonos móbiles. Eu teño feito cousas tamén cando comenzaban os móbiles ou as cámaras dixitais de tres megapíxeles e parecíanme moi interesantes as texturas, e tamén teño traballado con celuloides. Todas esas cousas me parecen interesantes e non o rexeito. Todo me parece moi ‘guay’, pero insisto en que hai que facer algo con iso.

A xente preocúpase máis polo aspecto técnico que por como contar as historias"

De feito agora volvese moito á gravación ‘vintage’.
Sempre pasa. Nós so podiamos facer curtas nun HD bastante precario intentabas escapar diso e agora podes rescartelo, pero é natural. É parte do proceso. Cada xeración ten que atopar a súa linguaxe a súa estética. Hai algo aí de búsqueda que igual non me incumbe moito a min, porque eu grabo moito en 16 mm que é case da xeración anterior. Está ben que a xente busque o seu camiño.

Que consello lle daría a alguén que comeza agora a construir o seu camiño no mundo audiovisual?
Non me gusta moito dar consellos (risas). Sempre está esta cousa do paternalismo coas xeracións que veñen e non me interesa demasiado caer aí. ¿Consello que de verdade daría? Hai dous. Un, se estamos a falar de cinema, que vexan cinema. É unha cousa que me falta claramente. Creo que hai moita xente facendo cinema que non ve cinema, cousa que me sorprende. É como adicarse á pintura e non saber quen é Goya ou non ver a Velázquez. Non me cabe na cabeza. O outro consello é que sexan sinceiros e que vaian ata o fondo das cousas, non á superficie, que desconfien de todo. Dubidar é bo. Uf, dar consellos, que difícil (risas).

Nos festivais coindicirá con distintas xeracións de cineastas...
Si que teño relación con xente nova e ao levar Novos Cinemas en Pontevedra aí hai bastante xente da universidade. Nese proceso si que hai unha conexión forte con varias xeracións e sempre me interesa ver que está facendo a xente. Sempre intento estar ao día do que fan. É certo que agora hai un punto de separación máis forte, porque son bastantes anos de diferenza. Igual hai xente que nin te coñece e ti non chegas a coñecelos. Pero si que sempre me intereso e si que sinto que falta unha investigación máis profunda do cinema.

Comentarios