Antón Sobral, de Marín ata Estrasburgo

ARTE ▶ O pintor marinense Antón Sobral participará con oito obras de fotografía pintada na Strasbourg Art Photography, que reunirá a cincuenta artistas internacionais durante todo o mes de novembro. Sobral é o único artista galego convidado ao evento, que volve tras a covid 
Antón Sobral, pintor marinense. ADP
photo_camera Antón Sobral, pintor marinense. ADP

ANTÓN SOBRAL é un artista de mundo. Sen esquecer as súas orixes preto do mar, en Marín, que tanto lle inspira na creación das súas obras, o pintor marinense recorre diferentes exposicións internacionais nas que non pasa desapercibido. Tras expoñer na a Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira, a máis antiga da península ibérica, Antón Sobral leva a súa arte ata Estrasburgo para participar no evento internacional Strasbourg Art Photography.

A pesar de que o que caracteriza a Sobral é a pintura sobre lienzo, o marinense tamén se considera un apaixoado da fotografía. Ata finais de novembro estará presente na cidade francesa cunha mostra de oito fotografías pintadas inspiradas en Venecia, lugar que frecuenta. O proceso destas obras pasa por retratar un espazo, revelar a fotografía e pintar sobre ela, coa intención de remarcas as pinceladas co uso de espátulas, entre outras ferramentas, para gañar textura. "Visualmente parece moito máis potente", explica o pintor Antón Sobral, que confesa que leva anos realizando esta técnica. "Nesta ocasión chamoulles a atención e invitáronme a participar nesta feira. Eu por suposto encantado de facelo", conta.

Esta Feira de Arte Fotográfica de Estrasburgo regresa despois de dous anos de parón por culpa da pandemia e ofrecerá un percorrido pola cidade en diferentes lugares. Precisamente, este formato é o que fixo que o evento sexa un éxito e os organizadores seleccionaron lugares importantes e atípicos para dar a benvida a fotógrafos franceses e internacionais. Na mostra participan un total de 50 artistas e Antón Sobral é o único galego convidado, aínda que tamén participan outros fotógrafos españois.
O evento, ademáis da propia exposición, conta con diversas actividades como conferencias, mostras de libros, coloquios, etc. Paralelamente, a Strasbourg Art Photography organiza tamén un concurso de fotografía para os máis novos.

As oito obras que presenta Sobral en Estrasburgo están inspiradas en Venecia, coas que intenta buscar a beleza que o caracteriza

O feito de que a mostra esté aberta en diversos espacios da cidade de Estrasburgo, chámalle especialmente a atención a Sobral. "Isto o que me permite e poder expoñer oito fotografías en vez de unha ou dúas. Hai máis espazo que se fose un único sitio e con 50 artistas é imposible que cada un de nos levase oito obras. Este formato tamén me permite coñecer artistas alemáns, franceses, italianos e de todo o mundo", indica o pintor marinense.

Con respeto ás pezas, Sobral explica que "o que pretendo sempre na miña obra é buscar a beleza. É o unico que nos queda nestes tempos. A beleza pode atoparse en calquer circunstancia e é moi enriquecedor, en concreto na cultura".

Mostra na galería Side West de Mannheim

O artista marinense móstrase moi ilusionado coa participación no Strasbourg Art Photography, pero non será o único lugar europeo no que mostre as súas obras este mes. Sobral tamén estará a partir deste domingo na galería Side West de Mannheim, en Alemaña, xunto ás artistas Susanne Neiss e Ingrid Rodewald

Nesta mostra, o pintor expoñerá obras con temática mariñeira, tanto en pintura coma en fotografía. Entre eles atópanse as dun proxecto que fixo en Bueu con dornas.

Comentarios