Jueves. 27.06.2019 |
El tiempo
Jueves. 27.06.2019
El tiempo

Aparecen cabalos con pexas nas patas nos montes de Domaio

Captura do vídeo dun cabalo pexado nas patas dianteiras. TVG
Captura do vídeo dun cabalo pexado nas patas dianteiras. TVG

Os propietarios destes cabalos poderían ser investigados por un delito de maltrato animal

Varios cabalos apareceron con pexas nas patas dianteiras nos montes de Domaio, en Moaña. As dificultades dos animais para correr libremente evidenciáronse en canto os axentes da Policía Local de Moaña trataron de achegarse a eles.

Non é a primeira vez que aparecen cabalos na zona con dificultades para moverse. Agora, segundo informa a TVG, os propietarios destes cabalos poderían ser investigados por un delito de maltrato animal despois de que a Policía Local informase o SEPRONA.

Aparecen cabalos con pexas nas patas nos montes de Domaio
Comentarios