domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Arturo Parrado visita a Asociacion Rexurdir

Os traballadores da entidade marinense aproveitaron para trasladarlle as súas inquedanzas e necesidades

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou este venres a Asociación Rexurdir, unha entidade marinense que se ocupa de desenvolver diferentes actividades de inclusión social a estranxerios, persoas sen recursos e con problemas de adicción, entre outras características, para facilitarlles a presencia na sociedade, así como axudarlles a entrar no mundo laboral.

Durante a visita, o director xeral xunto coa alcaldesa de Marín , María Ramallo, e a edil de Benestar Social, Marián Sanmartín, recorreron as instalacions da asociación, entre elas unha das aulas nas que se imparten clases de español e a que acuden cerca de 20 estranxeiros. En modo de agradecemento, tres alumnos de Ghana quixeron cantarlle as autoridades unha canción típica de seu país.

Parrado, Ramallo e Sanmartín tamen visitaron a aula de costura antes de reunirse cos traballadores do centro, que aproveitaron a ocasión para manifestar as súas necesidades tanto a Xunta como ao Concello, para así poder seguir traballando e dando un servizo tan completo.

Arturo Parrado visita a Asociacion Rexurdir
Comentarios
ç