domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

A Asociación Cultural Peis d'hos abre unha escola de música e baile en Moaña

Imaxe dunha clase na escola que a asociación ten en Cangas. INSTAGRAM
Imaxe dunha clase na escola que a asociación ten en Cangas. INSTAGRAM
Súmase, así, á que xa funciona no municipio de Cangas dende o 2013

A Asociación Cultural Peis d'hos iniciou unha nova andaina en Moaña. A entidade, con escola estable en Cangas dende o 2013, abre unha escola no concello moañés na que están ofertando as actividades de acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión.

As aulas levaranse a cabo seguindo os protocolos recomendados polo Ministerio de Sanidade do Goberno de España e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a prevención da propagación da covid-19.

A asociación cultural Peis d'hos é unha entidade sen ánimo de lucro que se adica á recompilación, recuperación, difusión e promoción do patrimonio inmaterial da cultura tradicional galega para a súa posterior difusión e posta en escena, especialmente da música, vestiario e baile tradicionais.

En consecuencia, todas as pezas interpretadas no eido da asociación, tanto polos distintos grupos como na escola, son froito do traballo de campo dos seus e das súas compoñentes, que se dedican dende hai tempo a recompilar todo este material etnográfico diverso nos eidos do baile, canto e músicas tradicionais, así como en vestimenta, costumes, etc. gracias ó seu traballo de campo levado a cabo en aldeas das catro provincias galegas dende hai anos. A partir deste material confórmase o repertorio dos grupos que forman parte da asociación: Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d"hos.

A Asociación Cultural Peis d'hos abre unha escola de música e baile...
Comentarios
ç