jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

O Ateneo Santa Cecilia, cara ás sete décadas de referente cultural en Marín

Lois Dopazo, Manuel Santos, Mario Capa e Isabel Martínez durante o acto do 68 aniversario do Ateneo. AP
Lois Dopazo, Manuel Santos, Mario Capa e Isabel Martínez durante o acto do 68 aniversario do Ateneo. AP
A asociación celebrou o seu 68 aniversario facendo unha homenaxe aos socios Mario Capa e Manuel Santos

Un día coma hoxe en 1952 naceu o Ateneo Santa Cecilia co obxectivo de cubrir as necesidades que había de difundir a cultura en Marín. Daquela, no municipio marinense non había nada que se asemellase a un centro cultural como o Ateneo, que co paso dos anos se acabou por converter nun referente cultural en Galicia.

Un mes de novembro máis, o Ateneo quixo celebrar o seu 68 aniversario, que nesta ocasión tivo que ser totalmente distinto aos anteriores debido a situación sanitaria que se está vivindo pola covid-19. A pesar de non poder facer un acto multitudinario, o Ateneo quixo agasallar a dous dos seus socios máis veteranos polo seu constante apoio á asociación, Manuel Santos e Mario Capa.

Lois Dopazo: "Ao longo dos 68 anos do Ateneo, cambiou moito a sociedade en todos os aspectos, por iso tivo que ir adaptándose tanto ao contorno cultural como ao social"

Nun acto íntimo, no que só estiveron presentes, ademais dos dous homenaxeados, o presidente do Ateneo Santa Cecilia, Lois Dopazo, e a vicepresidenta, Isabel Martínez; Santos e Capa recibiron unha insignia da asociación.

Tamén se lles entregou un diploDopazo colocándolle a insignia a Capa. APma honorífico no que se lles nomea Socio de Honra, polo seu continuado apoio ao Ateneo ao longo da súa historia. Ambos socios mostráronse moi emocionados por recibir esta homenaxe.

Para Lois Dopazo, o presidente da asociación cultural, é un orgullo poder continuar celebrando aniversarios do Ateneo, que espera que se alonguen no tempo: "A idea é que o Ateneo continúe, obviamente, pero non sei ata cando", explicou Dopazo.

Mario Capa: "O Ateneo para min é moito. Aínda que teña unha certa idade gústame aprender e o que se fai aquí é moi importante para min"

EVOLUCIÓN. Durante os 68 anos do Ateneo, a sociedade foi evolucionando en todos os aspectos, tanto no contorno cultural como no social, polo que "o Ateneo tivo que ir adaptándose e evolucionando, xa que sempre tratou de atender as necesidades que había de demanda cultural". 

"Agora a xuventude Dopazo colocáncolle a insignia a Santos. APten outras formas de acceder á cultura moi diferentes ás que tiña a sociedade hai 30 ou 40 anos. Nos fómonos adaptando e o Ateneo segue facendo un montón de actividades para a xente de Marín", indica o presidente.

A día de hoxe, o centro cultural marinense también foi capaz de chegar a todas as partes do mundo grazas ás novas tecnoloxías, das que fixeron un especial uso durante estes meses de pandemia, "Transmitimos moito por streaming e a e todo o mundo está interesado en actividades que fan no Ateneo. Ese tipo de cousas son o motivo de seguir traballando". 

Manuel Santos: "Siempre es agradable un reconocimiento de este tipo. Desde que me vine para Marín me hice socio del Ateneo y nunca dejé de serlo"

O Ateneo Santa Cecilia, cara ás sete décadas de referente cultural...
Comentarios