Avante a toda máquina e con ilusión no Museo do Mar

Cinco anos despois da súa apertura, o Museo do Mar de Marín continúa traballando para manter vivas as tradicións mariñeiras. Tras o parón pola pandemia, a entidade volveu a reactivarse coa posta en marcha de obradoiros para os máis pequenos e coa incorporación de novos elementos as súas salas, cedidos polos veciños
Puerto Pérez y José Antonio Pérez. APP
photo_camera Puerto Pérez y José Antonio Pérez. APP

Todo vila mariñeira mantén viva a súa esencia en cada recuncho e co paso dos anos. Coa modernización industrial e achegada da tecnoloxía ao día a día da sociedade, foron moitas as técnicas pesqueiras, infraestruturas e aparellos que quedaron no pasado. É por iso que é fundamental a labor que fan algunhas asociacións por continuar transmitindo as tradicións mariñeiras.

O Museo do Mar de Marín é un deses espazos que intentar manter viva a esencia dunha vila que toda a vida viviu e vivirá do mar. A Asociación Polo Museo do Mar en Marín é a que se esconde detrás deste traballo e que agora, tras a pandemia, que condicionou por completo a súa actividade, volve a reactivarse con máis enerxía e máis forza ca nunca.

Dende o mes pasado, o museo está ofrecendo unha serie de cursos para ensinarlle aos máis pequenos parte da tradición pesqueira e que así non se perdan. Tamén se estiveron organizando visitas de diferentes colexios da zona e outros puntos de Galicia.

Os fins de semana de maio, levouse a cabo un obradoiro de nudos básicos de pesca e agora, en xuño, os sábados pola mañá varios nenos e nenas da vila acoden ao museo para aprender a facer maquetas de embarcacións. "Estas actividades manteñen vivo o museo, que é o que queremos. O Concello colabora con nós aportando o material dos obradoiros, polo que é totalmente gratuito", explica Puerto Pérez, membro da directiva da asociación.

Estes talleres desenvolvense na sala de abaixo do Museo do Mar, que puxeron a punto para impartir este tipo de cursos grazas á doazón de mesas e cadeiras do CEP Sequelo. "Esta parte leva a pleno rendemento un ano. Quixemos pola a funcionar xusto antes da pandemia, pero co confinamento non pudimos facer nada", apunta José Antonio Pérez, presidente da Asociación Polo Museo do Mar. Tamén na sala hai novos obxectos, que foron doados recentemente por veciños da localidad. Entre eles atópanse unha emisora de radio antiga, un xiroscopio e maquetas de barcos, que completan a ampla colección que xa lucía na sala superior.

Como se encheron as salas do museo de auténticas xoias do mar? Foi todo grazas a José Antonio Pérez, que tras toda unha vida dedicada ao mar, iba gardando recordos no seu garaxe dos barcos e dos portos pesqueiros polos que pasaba. "Cando estaba nunha marea e querían tirar algo eu sempre pensaba na segunda vida que podía ter", apunta o presidente, que montou a primeira exposición no 2017, coincidindo co nacemento da asociación.

Local propio. Foi entón cando tamén se abriu o museo no antigo local da Caixa de Aforros de Vigo (actual Abanca), que a día de hoxe continúa sendo o propietario. É por iso que dende a asociación reclaman un local para crear un Museo do Mar "do pobo". De feito, esta proposta foi levada a pleno tras reunir 9.000 firmars dos veciños. "A proposta aprobouse e seguimos esperando por que sexa unha realidade", denuncian.

Nesta liña, tanto o presidente como Puerto Pérez, critican que "somos unha asociación que non recibimos subvención ningunha. Imos avante con pouco motor coa cota dos nosos socios". Actualmente a entidade conta con 400 socios, a maioría veciños de Marín, pero tamén xente de fóra. "Teríamos máis loxística se tivésemos axuda dalgunha administración ou empresa adicada ao mar", apuntan.

Ademais da exposición permanente, contan cunha de fotografías, que forman parte dun fondo no que hai máis de 4.000 imaxes, e coa mostra "35 anos dos Peixes de Galicia", cedida por César Pais, profesor do IES Chan do Monte.

Comentarios