Beluso monta o seu propio Nadal

A Asociación Novos Ventos inaugurou este xoves na Casa do Pobo a súa árbore e o seu Belén particular. O próximo 23 de decembro, a entidade organizará un Mercado no Joe Novas
A Asociación Novos Vntos inaugurou este xoves a súa árbore. ANXO LORENZO
photo_camera A Asociación Novos Vntos inaugurou este xoves a súa árbore. ANXO LORENZO

Coas datas fortes do Nadal á volta da esquina, ninguén quere quedar atrás no que a decoración festiva se refire. Ainda que son as grandes cidades os que gañan a fama polas súas espectaculares luces ou estacións decorativas, os recunchos máis pequenos das vilas tamén poñen o seu máximo empeño por sumerxirse nun ambiente totalmente festivo e de Nadal.

É o caso de Beluso, en Bueu, que dende este xoves xa se pode decir que deu por inaugurado o Nadal. Ademais das decoracións na rúa que instala o propio Concello, son as asociacións as que se encargan de encher de maxia e ilusións outros lugares da parroquia, así como da programación para que todos poidan gozar do Nadal ao lado da casa.

Unha desas asociacións encargadas de decorar Beluso é a Asociación Cultural Novos Ventos, que onte inaugurou na Casa do Pobo unha árbore de Nadal e un Belén do máis especiais e diferentes. E é que os dous elementos están confeccionados, integramente ou en parte, polas alumnas e alumnos da aula de costura e ganchillo. "Foi unha idea que saliu deles", indica David, presidente da AC Novos Ventos.

Membros de Novos Ventos instalando a decoración. ANXO LORENZO
Membros de Novos Ventos instalando a decoración. ANXO LORENZO

Con respecto á arbore, "que é totalmente artesá", está confeccionada con teas e recheos. Os adornos están feitos en ganchillo, dándolle un toque especial e diferentes a este elemento tan característico do Nadal. Pola súa parte, o Belén "é un pouco especial", pois está formado por unha gamela de madeira na que os seus tripulantes son unha parella de gaiteiros feitos en ganchillo, acompañados da vaca e o boi, que non poden faltar nesta decoración tan tradicional.

Ademais das decoracións, que se poderán visitar ao longo de todo o Nadal na biblioteca en horario de 16.15 a 20.00 horas, AC Novos Ventos, en colaboración coas asociacións veciñais e o Concello de Bueu, programou unha serie de actividades para todos os públicos. A próxima cita será o Mercado de Nadal o 23 de decembro no Parque Joe Novas.

Comentarios