Sábado. 18.08.2018 |
El tiempo
Sábado. 18.08.2018
El tiempo

O BNG denuncia as multas aos manifestantes na inauguración das obras de Rande

Una concentración en junio en el puente de Rande. SALVADOR SAS
Una concentración en junio en el puente de Rande. SALVADOR SAS

A aquel acto, celebrado o 30 de decembro, asistiron, entre outros, Rajoy e Feijóo

O BNG denunciou que o Ministerio de Interior está a enviar multas a militantes nacionalistas que participaron na protesta contra a inauguración das obras da Ponte de Rande o pasado 30 de decembro. Ao acto asistiron, entre outros, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

 
En concreto, nun destes expedientes ao que tivo acceso Europa Press, o departamento que dirixe Juan Ignacio Zoido impón unha multa de 100 euros a un manifestante por considerar que é un "peón circulando por unha autoestrada ou autovía". Ademais, sinala que a persona se detivo nunha zona "non habilitada" e dirixiuse "a pé interrompendo a circulación para despregar unha pancarta". 


Nun comunicado remitido aos medios, a formación nacionalista asegura que "resulta evidente" que a apertura dos novos accesos de Rande foi "precipitada" co único fin de "beneficiar á concesionaria" e "á conta da seguridade dos traballadores e dos propios usuarios". 


Así mesmo, sinalou que, con esta inauguración celebrada antes de finalizar o ano 2017, o Goberno deu "luz verde" a Audasa para subir unhas peaxes que para o BNG supoñen unha "estafa xeneralizada". 


"De novo o PP, con Feijóo á cabeza, se coloca ao lado da multinacional en lugar de defender os intereses dos galegos, permitindo que a concesionaria siga facendo caixa e prestando un servizo de terceira, como queda plasmado nos miles de denuncias que acumula", denuncia o Bloque. 


O BNG destacou que recorrerá estas multas e considerou un "mundo ao revés" que sexan sancionadas as persoas que denuncian unha "inauguración fraudulenta" e "mesmo ilegal" de obras "inacabadas". "O que debería facer o Goberno central e a Xunta é pedir explicacións á empresa executora das obras e a Audasa e, como mínimo, paralizar calquera incremento das peaxes", asegurou. 

O BNG denuncia as multas aos manifestantes na inauguración das...