Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

O BNG márcase coma obxectivo mellorar a mobilidade en Marín

Vehículos estacionados na explanada próxima ao peirao marinense. DP
Vehículos estacionados na explanada próxima ao peirao marinense. DP

Os nacionalistas incluirán no seu programa electoral varias medidas, coma a recuperación do bus nocturno ou priorizar a figura dos peóns por diante dos vehículos

A mobilidade será un dos asuntos estrela do programa electoral do Bloque Nacionalista Galego. Así o afirmou este venres o colectivo marinense, que aposta por desenvolver unha serie de iniciativas para tratar de paliar os problemas vencellados aos desprazamentos ou a ausencia de prazas para aparcar. "Os problemas de mobilidade provocan problemas de aparcamento", sosteñen os nacionalistas, que salientan que "o incremento do uso do vehículo nos últimos anos motiva que acceder a Marín e tentar aparcar sexa unha aventura, moito máis en determinados días da semana, nos que os desprazamentos aumentan".

Deste xeito, o BNG proporá un paquete de medidas para acabar con esta situación. Así, os nacionalistas comproméntense a buscar un emprazamento idóneo para habilitar un aparcamento disuasorio, tanto nas inmediacións do núcleo da vila como en parroquias como Seixo, "con intención de darlle continuidade no tempo". Neste sentido, salientan que "o noso modelo de cidade pasa por darlle unha volta á mobilidade actual, onde se prioriza aos vehículos fronte aos peóns", algo que, na opinión dos integrantes da candidatura, debería ser xusto ao contrario, como xa acontece noutras localidades.

Outro tema prioritario para o Bloque Nacionalista Galego é mellorar o transporte público, unha medida "fundamental" na búsqueda de "lograr unha humanización exitosa do espazo actual".

BUS NOCTURNO. Neste sentido, o actual grupo da oposición considera imprescindible recuperar o bus nocturno, especialmente durante as datas nas que se desenvolvan no concello festas e eventos de relevancia. "Tarataremos de incrementar a frecuencia e horarios dos transporten urbanos", prometen.

Por outra banda, os nacionalistas teñen previsto estudar "alternativas para mellorar a comunicación coas parroquias, mediante o uso de liñas regulares ou transporte a demanda. Deste xeito, lograremos facilitar a vida dos veciños do rural e axudaremos a asentar a poboación". As conversas coa Administración municipal tamén se impulsarán para aumentar as conexións coa comarca. "Non é de recibo que non exista ningún medio público para ir a Moaña ou que as liñas con Bueu e Cangas sexan tan deficientes como son na actualidade", sostén o BNG.

"O espazo é para as persoas, non para os coches", conclúe.

O BNG márcase coma obxectivo mellorar a mobilidade en Marín
Comentarios