Bueu dedica unha semana completa á difusión da cultura mariñeira entre nenos e maiores

O estaleiro de Purro volveu por un día "a súa actividade de antaño" pero con pinturas de cores e a ilusión dos nenos ►O Concello programa en colaboración coa asociación de embaracións tradicionais 'Os Galos' varias actividades
Nenos no obradoiro 'As cores da Chalaniña' no estaleiro de Purro. DP
photo_camera Nenos no obradoiro 'As cores da Chalaniña' no estaleiro de Purro. DP

A carpintería de ribeira da vila encheuse este mércores pola mañá de rapaces que retrocederon no tempo elaborando "chalanas", embarcacións tradicionais da zona. Pinturas, cordas, madeira e risas protagonizaron os obradoiros que se están desenvolvendo na primeira semana da cultura mariñeira.

"Que é isto?", preguntan os máis pequenos collendo unha maqueta feita de madeira. "Unha chalana", responde Víctor, presidente da Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos. A diferenza de idade é bastante ampla, pero Víctor, que leva máis de 24 anos ao cargo desta asociación, non perde a paciencia e quere que os nenos coñezan o valor que esas chalanas tiveron hai anos no territorio.

Os rapaces comezaron as súas embarcacións o pasado martes e agora tocoulles rematalas cunha boa capa de pintura. As cores foron elixidas en función das que se empregaban antes. Con todo detalle e baixo a atención dos nenos, Víctor continou o relato explicándolles a diferenza de cores das embarcacións en función da parte denominada "obra nova" (a que está sumerxida dentro da auga) e a outra "obra morta" (fóra da auga). Tras poñelas a secar e aproveitar ese tempo para observar as embarcacións que se instalaron no estaleiro coa súa rehabilitación, os rapaces levaron para casa un recordo "moi mariñeiro".

O programa ofrece rutas mariñeiras, obradoiros, música, visitas guiadas ou navegación pola enseada de Bueu ata o domingo 19

A vila leva organizando esta semana, dende o pasado luns 13 e ata o vindeiro domingo 19, unhas xornadas adicadas á cultura mariñeira. Os seus obxectivos son a posta en valor da arraigada tradición que une Bueu co mar e revalorizala entre todas as xeracións pero, sobre todo, nas máis novas. Para iso, decidiron organizar entre as diferentes actividades estes obradoiros nos que os máis pequenos poidan coñecer as embarcacións tradicionais e o que significaron anos atrás. Víctor Domínguez, presidente de Os Galos, explica que foron eles os que lle propuxeron ao Concello organizar estas actividades. "Este ano non celebrearemos o encontro de embarcacións tradicionais de cada verán a causa do coronavirus e propuxémoslle ao Concello esta actividade coincidindo coa semana grande do pobo, na festividade do Carmen" explicou.

Este mércores, os máis afortunados xa que as prazas de inscrición estaban completas, puideron desfrutrar dunha ruta pola costa bueuesa a bordo do Chasula que partiu da lonxa ás 10:00, 12:00 e 16:30 horas. Un verdadeiro percorrido para coñecer, da man de Isidro, o mar que rodea o pobo. Ademais, tamén se ofreceu unha visita guiada pola exposición 'Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira' no Museo Massó.

Estas xornadas, que seguirán organizando múltiples eventos ao longo da semana rematarán o domingo 19 cunha homenaxe ao sueco, recentemente falecido, Staffan Mörling. "A primeira vez que o vin estaba agachado debaixo dunha dorna xunto Jose María Massó e non entendía nada", recordou Víctor. Morling foi un dos pioneiros no estudo e recuperación das embaracións tradicionais da vila e da Illa de Ons.

...el reloj de Vive o mar
Xoves 16 ► Ás 12:00 horas haberá oficios relixiosos poloa festividade do Carmen co acompañamento da Banda de Música de Bueu. Pola tarde, ás 18:00h será o turno da navegación pola enseada de Bueu. O día remata coa verbena da orquestra Distrito 7 ás 22:30h.
Venres 17 ► Ás 10:30 horas terá lugar unha exhibición de ergómetro no exterior do clube de mar. Para os pequenos, ás 12:00 horas continúa o obradoiro 'Atando cabos' no museo . Na tarde, hai iniciación á vela tradicional ás 18:00h. A música chega ás 19:00 horas coa rúada da charanga OT e o concerto ás 22:00 horas de Arxe.
ábado 18 ► Pola mañá, a rúada será ás 12:00h a cargo do grupo Retrouso e as 12:30 horas haberá cantos de taberna nas prazas. Pola tarde, botadura do bote Vila de Bueu ás 17:00h e largada de rapeta ás 20:00h. Remata o día coa proxección do vídeo de construción do bote ás 21:00 horas.
Domingo 19 ► Ás 12:30h é a homenaxe a Staffan Mörling con Xurxo Souto e a banda Manxadoira que rematará cun izado de bandeiras.

Comentarios