Bueu destinará 200.000 euros á mellora do pavillón Pablo Herbello

A primeira fase que consistirá na colocación dunha cuberta de panel sandwich sobre a terraza que da á rúa A Pedra e o formigonado do tramo axardinado da rúa Staffan Mörling.
Pavillón Pablo Herbello. GOOGLE MAPS
photo_camera Pavillón Pablo Herbello. GOOGLE MAPS

O Goberno local de Bueu estableceu ante o Bueu Atlético Balonmán, Adfs Bueu, Club de Loita do Morrazo e Club Patinaxe Ánfora cales serán as actuacións a curto e medio prazo que se leven a cabo no pavillón Pablo Herbello.

Os traballos están englobados dentro dun "ambicioso" plan de actuacións que están a redactar os técnicos municipais e que se dotara con máis de 200.000 euros do Plan Concellos de 2021. Aínda así avanzouse que xa se contratou unha primeira fase que consistirá na colocación dunha cuberta de panel sandwich (para rematar cos problemas de humidades) sobre a terraza que da á rúa A Pedra e co formigonado do tramo axardinado da rúa Staffan Mörling.

O goberno remarca que nos últimos dez anos as diferentes melloras e os traballos de mantemento aos que se ve sometido o pavillón de Bueu supuxeron máis de 230.000 euros investidos. O Concello tamén anunciou que encargará un proxecto para a mellora do pavillón de Beluso e que se dotará de fibra óptica as instalacións deportivas.

Comentarios