Bueu inicia a campaña do ourizo cumprindo expectativas e bos prezos

Nesta primeira semana, a confraría extraeu preto de 960 quilos e o custo do produto oscila entre 12,50 e 14,50 euros ►Os barcos sairán tres días ata decembro, cando aumentarán a catro
Varios capachos cheos de ourizo esta semana en Portonovo. PESCADERIAS
photo_camera Varios capachos cheos de ourizo esta semana en Portonovo. PESCADERIAS

O ourizo de mar continúa en auxe, situándose a día de hoxe coma un dos produtos máis demandados entre a hostalería polo seu sabor e versatilidade á hora de cociñalo. Esta semana comezou na provincia de Pontevedra a campaña de extracción de ourizo 2022-2023; en A Coruña e Lugo a apertura non comenzará ata os meses de novembro e xaneiro.

A Confraría de Pescados San Martiño de Bueu, que participa nesta campaña, comezou a tempada do ourizo nesta primera semana cunha colleita de preto de 960 quilos. A pesar de ser moi bos datos, as cifras distan un pouco dos inicios da campañas anteriores debido a que, nesta ocasión, a confraría decidiu que só sairán tres días a semana ata o mes de decembro como medida de conservación da especie. No último mes do ano as saídas aumentarán a catro, aproveitando a época de Nadal, onde repuntan os prezos e o recurso é mellor.

Segundo di o patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas, os catro barcos que teñen licenza para a captura do ourizo de mar en Bueu tamén poderían saír agora un cuarto día sempre e cando non se baixe o día anterior na lonxa do prezo establecido e "teña valor".

Con respeto aos custos, oscilan entre os 12,50 e os 14,50 euros. A cuota nesta nova campaña é de 100 quilos por barco, pero en Bueu estableceron una cota de 80 para conservar o recurso. "Os barcos están traballando moi ben e con acordos para manter o recurso e manter os prezos, para non quitar máis do que a demanda pide", explica Rosas. Nesta época do ano, o produto está óptimo a nivel de gónada e cheos.

PORTONOVO. Tamén en Portonovo comezou a campaña extrativa do ourizo seguindo uns estándares moi similares aos da confraría de Bueu. Na lonxa portonovesa vendéronse tamén preto de 1.000 quilos deste recurso, ao que saen cinco barcos á zona de Ons.

Con respecto ás expectativas da campaña, Juan José Besada, Patrón de la Confraría de Pescadores de Portonovo, manifestou que "son boas, o ourizo está grande e cheo, aínda que hai pouco recurso. De feito, os de Portonovo intentaban recortar cuotas para defender máis tempo o recurso, pero como hai días de mal tempo decidiron deixar as cuotas como estaban sabendo que van perder días de inverno".

DEMANDA. A nivel de demanda, o ourizo é un produto "moi solicitado; está en auxe". Tal e como explica o patrón maior de Bueu, "antes non había cultura de comer ourizo, ata hai uns anos que iso cambiou en Galicia".

Noutras comunidades autónomas como Asturias é máis habitual o seu consumo, mentres que en Galicia incrementouse nos últimos anos.

Comentarios