Bueu lembra ao alcalde Johan Carballeira

O Concello e Amigos de Johan Carballeira realizan unha ofrenda floral ante o monumento ao que fora alcalde, poeta e xornalista ata o golpe de estado de 1936 ► Montse Fajardo falará hoxe sobre a represión franquista sobre as mulleres
Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA
photo_camera Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA

O Concello de Bueu e a Asociación de Amigos de Johan Carballeira, coincidindo co 87 aniversario do fusilamento do que fora alcalde, poeta e xornalista, están a celebrar ao longo desta semana unha serie de actos conmemorativos, cos que pretenden afondar na recuperación da memoria histórica e, nomeadamente, na de Carballeira, axusticiado en agosto de 1936 despois do golpe de estado do 18 de xullo.

Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA
Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA

Concretamente, a concelleira de Cultura bueuesa, Carmen García, destacou que é fundamental "manter viva a memoria de Johan Carballeira, así como a de todos aqueles represaliados polo franquismo, e loitar de xeito activo contra o esquecemento". Tanto o alcalde como diversos concelleiros da Corporación participaron no acto celebrado o pasado mércores no monumento de homenaxe ao alcalde fusilado.

Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA
Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA

Así, os actos conmemorativos comezaron o 17 de abril, coincidindo coa data de fusilamento de Carballeira cunha ofrenda floral, música e intervencións de lembranza.

Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA
Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA

Neste lugar un bo número de asistentes lembraron a este home, que fora alcalde de Bueu antes do golpe de estado franquista, ademais de poeta e xornalista, traballando sempre a favor das causas xustas, tal e como se indicou no propio evento. Tamén se lembrou a Avelino Chapela Soliño e Manuel Chapela, asesinados o mesmo día no monte da Caiera.

Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA
Homenaxe ao alcalde Johan Carballeira, Avelino Chapela e Manuel Graña en Bueu. RAFA FARIÑA

Os actos continúan hoxe, ás 12.00 horas no Centro Social, cunha conferencia da xornalista e escritora Montse Fajardo, que falará sobre a represión franquista contra as mulleres.

Comentarios