Bueu despide a Manuel Blanco, exedil de Cotobade e expresidente do Tenorio FC

As exequias fúnebres celebráronse na Igrexa de San Martiño, na compaña de numerosos familiares, veciños e achegados
Flores en un cementerio. PIXABAY

O municipio de Bueu despediu a última hora de la tarde de este sábado a Manuel Blanco, quen fora presidente do Tenorio FC e concelleiro do PPdeG na Corporación Municipal do Concello de Cotobade no periodo 1983-1995.

As exequias fúnebres celebráronse na Igrexa de San Martiño de Bueu, na compaña de numerosos familiares, veciños e achegados, tamén de Cerdedo-Cotobade. Neste sentido, o Goberno local quixo expresar públicamente as súas condolencias, xa que, aínda que Blanco Godoy residía en Bueu, onde tiña un taller de barcos, deixou una profunda pegada na súa parroquia, en Tenorio, coa que mantiña claros e continuos vencellos.

De feito, na recente inauguración do Centro Sociocultural de Tenorio, Blanco Godoy recibiu o aplauso e o recoñecemento ao seu traballo a prol do deporte no municipio dos presentes neste acto, entre eles o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con quen tivo a oportunidade de intercambiar pareceres.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, "Manolo Blanco deixa unha intensa pegada na parroquia de Tenorio e en todo o noso concello pola súa calidade humana, bohomía e amor pola súa terra e a súa xente como demostrou durante os 12 anos que estivo como concelleiro na Corporación e tamén ao fronte do Tenorio FC como presidente. Manolo foi para min e para os seus veciños todo un referente e un home con autoridade moral no seu pobo".