martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

Buscando o prezo máis baixo en Cangas

Varios expositores durante a xornada inaugural da Feira de Oportunidades en Cangas. DP
Varios expositores durante a xornada inaugural da Feira de Oportunidades. DP
O municipio acolle durante toda esta fin de semana a Feira de Oportunidades do Morrazo, cos mellores produtos rebaixados ata un 70%

As inmediacións dos Xardíns do Sinal de Cangas son o lugar elexido para levar a cabo desde este venres e ata o domingo unha nova edición da Feira de Oportunidades do Morrazo. Este ano, cóntase con 26 establecementos participantes nun evento que ten como obxectivo de vender o stock dos últimos meses e inclusive do pasado ano, que foron bastante importantes debido á pandemia, sempre con grandes descontos.

Os asistentes a esta feira poden atopar produtos de comercios de Cangas, Bueu e Moaña e de diferentes sectores como moda, deportes, infantil, óptica, tecnoloxía, zapatería ou ferraxería, entre outros, con grandes rebaixas de ata o 70%, chegando a atopar verdadeiras 'gangas'.

IMG_20210813_115639

Na feira, organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo), co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e Abanca, participan Rincón de Po, Foot on Mars, Chester, Colors, Zapatería Pegadas, IT Logos, Tecnosat, AleAli Zapatería, Badum Badero, Nöetta, Imagen Complementos, Deportes Oliver, Duende, Mímate +, Osbs Clothing, Ferretería O Muelle, Blondie by Noe, Cinania Shop, Complementos Lita, 7 Fresas, Atrezzo, Lencería Glamour, Nene´s Moda infantil y juvenil, Óptica Studio, Cousiñas de Kela e Mercaroupa.

Feira de Oportunidades do Marrazo, en Cangas

ANTICOVID. Nesta décimo sexta edición, a feira mantén a súa esencia de sempre pero adaptándose a realidade epidemiolóxica vixente, e que xa o ano pasado obrigou a modificar moitos aspectos en materia de seguridade e hixiene.

Este ano, mantén do mesmo xeito que na pasada edición, todas as medidas posibles para acadar a maior seguridade de clientes e expositores dada a continuidade da situación derivada do covid-19.

Buscando o prezo máis baixo en Cangas
Comentarios