A campaña do polbo rexistrou un aumento do 125% nas vendas en Bueu

O período da veda iníciase este venres e estenderase ata o 4 de xullo, dando por rematada unha tempada na que se recaudaron case 1,5 millóns de euros, cun prezo medio de 10,5 euros por quilo
Unha imaxe do inicio da campaña que remata. ADP
photo_camera Unha imaxe do inicio da campaña que remata. ADP

Finaliza a campaña do polbo en Galicia. A partir das 16.00 horas de este venres dará comezo a veda do cefalópodo, o que significa que esta será a última xornada na que se permitirá a captura de exemplares de dita especie. O período de prohibición terá unha duración de un mes e medio, abríndose a veda na madrugada da día 4 de xullo. 

En comparación coa anterior, que resultou desesperanzadora no relativo ás capturas de polbo, José Manuel Rosas, patrón maior de Bueu, fai unha valoración "moi positiva" da campaña actual en Bueu. Así, este establece que, despois de rexistrar datos máis baixos do habitual durante as tempadas pasadas de captura, nesta ocasión pódese dicir que o extraído ao longo deste período "entra dentro da normalidade, estanse recuperando as cifras". 

Desta forma, a campaña do polbo finaliza deixando unha cifra de vendas de case 133.000 quilos a un prezo medio de 10,50 euros, mentres que as do ano pasado, a 8,61 euros o quilo, non superaron os 59.000 quilos vendidos. En consecuencia, a facturación da campaña tamén aumentou considerablemente, recadando ao remate desta case 1,5 millones de euros fronte ao pouco máis de 500.000 euros de beneficio que se obtiveron na tempada pasada. 

Por outra parte, en canto ás embarcacións que formaron parte da campaña que remata hoxe, Rosas indica que se atopan entre os 50 e 55 barcos. Aínda que algúns deles seguirán capturando produtos que entren na legalidade, o patrón Unha imaxe do comezo da campaña do polbo que remata hoxe. rafa fariña maior asegura que hai outros que, durante o mes e medio que dure a veda do polbo, permanecerán parados para acometer tarefas de reparación nas embarcacións. 

PRÓXIMA CAMPAÑA. A veda que se abre este venres e finaliza o 4 de xullo dará á súa vez comezo a unha campaña da que José Manuel Rosas espera uns resultados iguais ou mellores dos que se obtiveron nesta. Segundo conta o patrón maior de Bueu, "advertimos a presenza de moitos exemplares de cría", un aspecto que, debido ao rápido crecemento do polbo, "garantiza que en pouco tempo vai haber individuos cun peso comerciable". 

Así, segundo establece o plan consensuado entre a Consellería do Mar e o sector, a cota máxima de captura da especie dende a apertura da veda ata o día 31 de agosto será de 30 quilos por barco e día. A esta cantidade engádense a maiores 30 quilos diarios por cada tripulante enrolado e a bordo da embarcación, cun máximo de 210 quilos por cada xornada. Estas cotas serán aplicadas da mesma forma durante o resto da campaña, aínda que aumentando o límite diario aos 50 quilos e, polo tanto, marcando un máximo total de 350 quilos diarios por barco. Esta modificación, segundo explicou Rosas, realízase, "por unha parte para evitar o esgotamento do produto durante os dous primeiros meses e, por outra, para compensar o comezo do mal tempo, etapa na que non se adoita saír todos os días a navegar". 

O horario de actividade das embarcacións manterase como cada ano, co comezo das capturas ás 6.00 horas, aínda que se permite sair do porto ás 5.00, e a finalización da xornada ás 16.00 horas.