Un canto contra o machismo e o acoso no Entroido de Moaña

Máis dunha ducia de Mary Poppins interpreta unha canción que reivindica respecto para as mulleres

A comparsa Follas Novas de Moaña interpretaron o pasado domingo un canto contra o machismo, o acoso e a violencia de xénero.

Ataviadas de Mary Poppins, as membros desta agrupación interpretaron no centro cultural Rosalía de Castro unha canción na que visibilizan esta lacra social, intre que foi divulgado por Frank Lemos del Río cun vídeo que acada miles de reproduccións. 


Comentarios