Centos de persoas piden en Bueu a volta do servizo de pediatría

O Centro Social do Mar acolleu este domingo unha concentración convocada por centos de pais que reclamaban ao Sergas a volta das dúas facultativas, ausentes dende o pasado 22 de febreiro
photo_camera VÍDEO: RAFA FARIÑA

Nin a choiva logrou frear aos centos de bueueses que este domingo sairon á rúa para esixirlle ao Sergas a volta do servizo de pediatría ao centro de saúde da localidade, ausente dende o pasado 22 de febreiro pola baixa das dúas facultativas, deixando sen atención médica, revisións e vacinas a máis dun millar de menores en Bueu. "No puedo enfermar, no hay pediatra para poderme curar" ou "Axuda, o Sergas deixounos na estacada" foron algunhas das mensaxes que se puideron ler este domingo en carteis improvisados e que portaban os propios nenos, principais afectados de toda esta situación.

E é que dende a ausencia das pediatras, moitos deles, sobre todos os máis pequenos, non puideron completar no día algunhas pautas de vacinación ou as revisións correspondentes aos primeros meses de vida. A pasada semana, Ana e José contaban a Diario de Pontevedra a situacións coa súa filla de catro meses, á que lle anularon tanto a cita da consulta médica como para as inoculacións. Días despois conseguiron que a propia enfermeira o fixese.

Con todo, a situación levou a que tanto Ana e Jose como centos de pais, avós, nenos e veciños da vila saisen este domingo a rúa, fartos das longas esperas. Ademais da propia concentración, houbo un micrófono aberto para que interviñese quen quixese. Fíxoo o edil de Bueu Xosé Leal, que deu lectura a diferentes artigos dos Dereitos do Neno recollidos pola Unesco. Leal tamén é un dos afectados pola situación no centro de saúde ci servizo de pediatría coa súa filla neonata. O edil tamén lembrou que fai unha semanas dende Bueu sairon dous autobuses cheos para asistir á manifestación en Santiago pola sanidade pública "Foi importante ver a tante xente de Bueu alí, pero é preciso que haxa moita máis", dixo.

Tamén algúns nenos se animaron a lanzar as súas propias mensaxes no micrófono, así como de portar peluches con carteis que foron depositados na Sala Amalia Domínguez Búa, onde quedarán expostos durante varios días en modo de reivindicación pola situación coa sanidade pública.

Comentarios