Os centros educativos estrean as proxeccións da Sección Oficial do Festival Cine do Mar

O CEIP do Carballa, o CEIP do Sequelo, o CPR Sagrado Corazón de Placeres e o IES Félix Murial participan na primera edición do evento
undefined
photo_camera As proxeccións celebráronse este xoves na biblioteca municipal. DAVID FREIRE

Tres colexios da contorna marinense e un instituto de Rianxo inauguraron este xoves as proxeccións da Sección Oficial na que disputarán por levarse algún premio na primeira edición do Festival de Cine do Mar que dende o martes se celebra na localidade de Marín. A biblioteca municipal Vidal Pazos converteuse nunha sala de cine para a visualización das sete curtas, todas elas, tal e como se esixía nas bases, centradas no mar e en todo tipo de tradicións que o rodea.

Así, a terceira xornada dun festival que aspira a consolidarse na vila, comezou ás sete da tarde e o público, entre os que se atopaban os alumnos dos centros, profesores e familiares, pudieron disfrutar de Entroi 2022, As praias ed Marín, Mergullo nas rías e Un tesouro nas rías, todos os filmes do CEIP do Carballal.

                      As proxeccións celebráronse onte na biblioteca municipal.
As proxeccións celebráronse este xoves na biblioteca municipal. DAVID FREIRE 

Tamén se visualizou U-lo mariñeiros en Marín, do Sequelo, e Mareas vivas de Lourizan, do CPR Sagrado Corazón de Placeres. Nesta primeira convocatoria da Sección Oficial na categoría de Ensino tamén se animou a participar un centro de fora da provincia, o IES Félix Muriel, de Rianxo, con Mar de redes

Ao remate das proxeccións, celebrouse a segunda mesa redonda do festival, que tratou sobre o pasado, presente e futuro do Museo do Mar de Mar. Nela participaron José Antonio Pérez, Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira, todos eles da Asociación Museo do Mar de Marín, entidade organizadora do evento cinematográfico.

O terceiro día de festival pechouse coa proxección do documental Homenaxe ás Mulleres do Mar (2022-20223), realizado por Lukas Santiago, e co que se pretendía homenaxear a Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuel Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez, moitas delas presentes este xoves durante a proxección.

O Festival de Cine do Mar de Marín continuará hoxe coa Sección Oficial na categoría de Novos Creadores, con proxeccións a partir das 19.00 horas tamén na bibliotema municipal. Dende a organización, invitan ao público a participar, xa que poderán votar a súa curta favorita de cara aos premios do sábado.

Comentarios