A CMVMC de Cela denuncia o abandono da Área de Lecer de Chans

En 2018 asinaran un convenio co Concello que non se está cumplindo
Félix Juncal, alcalde de Bueu. MELISSA GÓMEZ / ARQUIVO
photo_camera Félix Juncal, alcalde de Bueu. MELISSA GÓMEZ / ARQUIVO

A Comunidade de Montes Veciñais e Mancomún de Cela quixo no día de onte poñer de manifesto o seu descontento co Concello de Bueu polo incumprimento dos compromisos asumidos en relación coa Área de Lecer de Chans.

Segundo o asegurado dende a CMVMC, en setembro de 2018 a entidade municipal, representada polo alcalde do municipio, Félix Juncal, asumira una serie de compromisos nunha Xuntanza coa Xunta Rectora da Comunidade coa intención de reactivar dita zona.

Entre os puntos acordados atopábanse cuestións relacionadas con rematar o peche da Área, a colocación de carteles informativos ou a inclusión do lugar na web do concello. A substitución de aparellos deteriorados do parque infantil, unha maior presenza de axentes da Policía Local para evitar actos de vandalismo na zona e a correspondente xestión para colocar alumeado no Área de Lecer de Chans son outras dos compromisos acadados pero non postos en práctica.

Dende a CMVMC insístese en que "a situación de abandono na que se atopa a Área de Lecer de Chans é responsabilidade única do Concello de Bueu", posto que é esta institución a que ten a obriga do velar polo seu mantemento e conservación.

Parte dos incumprimentos anteriormente nomeados están recollidos no Convenio asinado tres anos atrás, polo que a CMVMC está decidida a propoñer na seguinte Asamblea a denuncia e rescisión do mesmo.

Comentarios