O Comando Igualdade visitou o IES Johán Carballeira para falar de mozos e feminismo

A actividade, dirixida pola filósofa Chis Oliveira, foi organizada polo CIM da vila

Un momento de actividad no centro de Secundaria de Bueu. CEDIDA
photo_camera Un momento de actividad no centro de Secundaria de Bueu. CEDIDA

O Comando Igualdade, dirixido pola filósofa Chis Oliveira, visitou este xoves o IES Johán Carballeira de Bueu para reflexionar e conversar sobre temas que afectan á mocidade desde unha perspectiva de xénero. Esta actividade foi organizada polo Centro de Información ás Mulleres municipal e contou con dúas sesións nas que participaron o alumnado de 4º da ESO do propio centro e os de 3º e 4º do CPR Virxe Milagrosa.

O Comando Igualdade está formado por un grupo de 19 mozos e mozas do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo que visitan aulas de toda a xeografía galega falándolle aos seus coetáneos de estereotipos, machismo, sexualidade ou diversidade.

No caso do IES Johán Carballeira, a primeira sesión comezou ás 10.00 horas e nela participaron os dous grupos de 4º da ESO. Posteriormente, os protagonistas da cita foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR Virxe Milagrosa.

Na actividade os mozos e as mozas explicaron a súa visión da mocidade, como definen o feminismo e racharon co pensamento establecido. "Nos dicen que las niñas tienen que vestir de rosa y soñar con ser princesas mientras que los niños tienen que ser fuertes para ser "machotes" pronunciou unha das participantes.

Ademais, os poñentes compartiron co alumnado buenense diferentes vivencias para conciencialos e sensibilizalos. "Quien se sale de lo establecido, sea hombre o mujer, tiene problemas en su vida social. Cualquiera de los que estamos aquí somos conscientes de eso. Una niña que tiene carácter fuerte y se sabe imponer es una mandona pero si lo hace un niño es un líder", exemplificou outra das integrantes do Comando Igualdade no evento.

Comentarios