martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

O comercio local resístese á pandemia

Boletos da campaña de Fecimo. DP
Boletos da campaña de Fecimo. DP
Fecimo ten en marcha unha nova campaña de dinamización con 3.000 euros en premios

O comercio local da comarca do Morrazo, a pesar das enormes dificultades que está a pasar a causa das restricións que está a conlevar a pandemia, resístese a perder a súa importancia para os barrios e municipios da comarca, e cada día reinvéntase para tentar aguantar esta impoñente tormenta económica pola que estamos a atravesar.

A unidade de acción é fundamental para tentar concienciar aos veciños de cada unha das localidades de que realicen as súas compras nos establecementos locais fronte ás grandes superficies das cidades ou das multinacionais que seguen a acaparar o mercado a través de internet.

Nesta tarefa, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) está a poñer todo e seu esforzo ao servizo dos seus asociados, e desde hai máis dun ano que comezou a pandemia, foi quen de poñer en marcha diversas ferramentas innovadoras que faciliten a venda dos comerciantes por internet co seu propio marketplace ou a súa APP para móviles, ademais de facer máis visible a súa oferta ante os potenciais compradores.

Así mesmo, está a desenvolver campañas promocionais periódicas para premiar a todos aqueles que se decantan polo comercio, a hostalería e a empresa local para facer as súas compras, todo iso co obxectivo de fidelizar aos clientes de sempre e achegar a aqueles que aínda non están totalmente convencidos das bondades de comprar no seu barrio ou no seu pobo.

3.000 EUROS. Durante este mes de maio Fecimo está a levar a cabo unha nova campaña de sensibilización e dinamización comercial, na que se sortearán 3.000 euros repartidos en 72 premios de diferentes contías, que van desde os 20 ata os 100 euros en tarxetas regalo, e que serán repartidos entre as compras que se realicen nos comercios das localidades de Bueu, Cangas e Moaña adheridos á campaña.

Os clientes poderán participar ata o día 31 rexistrando os códigos dos boletos que reciban con cada compra no sistema de sorteos habitual de Fecimo, a través da web comerciodomorrazo.com ou da APP móbil Comercio do Morrazo (dispoñible para dispositivos Android e iOS).

Desta forma, no rexistro, os clientes terán a oportunidade de facerse con algún dos premios instantáneos ou ben quedar pendentes para os premios dun sorteo final, unha vez remate a campaña en cuestión.

Ademais, cabe destacar que nesta promoción haberá premios adicionais non vinculados aos códigos dos boletos, xa que se celebrará outro sorteo entre as compras rexistradas coas tarxetas de fidelización do Club de Clientes do Comercio do Morrazo nos establecementos que teñan activo este sistema de fidelización posto en marcha por Fecimo.

De forma paralela, esta campaña de dinamización estará respaldada por unha de difusión e sensibilización en medios e redes sociais que inclúe variada cartelería, presenza exterior nos espazos de que dispón a entidade nas tres vilas, presenza en redes sociais, lanzamento dunha peza audiovisual para a súa difusión en medios dixitais e presentación e información a prensa.

DINAMIZAR. O obxectivo principal desta completa campaña é dinamizar as vendas entre os clientes do comercio local da zona, así como conciencialos da importancia de consumir en local aportándolles beneficios e sensibilizalos co afecto e cercanía do pequeno comercio, o seu comercio de toda a vida.

"Os establecementos de barrio, ademais de darlle vida a cada localidade, crean postos de traballo e dinamizan a economía local, frente ás grandes superficies e multinacionais que levan os seus beneficios fora do nos país, incluso á hora de pagar impostos. É algo do que nos debemos concienciar cada día máis", explican desde Fecimo.

Nestes momentos nos que a pandemia da covid-19 segue a causar enormes danos nas economías locais, tanto a empresas, como a comerciantes, hostaleiros e demais autónomos, Fecimo considera moito máis importante que os veciños contribúan coas súas compras en local a que todos estes negocios poidan remontar pouco a pouco e deixar atrás este tempo tan complicado, e o que aínda queda por pasar.

CONCIENCIACIÓN. "É un momento no que a conciencia social debería estar en primeira liña e darnos conta a nivel individual e colectivo que un municipio facémolo entre todos e que si falta unha ou varias das pezas que o compoñemos deixará de ser o que todos queremos que sexa. Agora non se pode deixar atrás ao comercio, nin a hostalería nin aos autónomos, senón que é xusto o momento de acompañalos na búsqueda dunha saída a esta longa e durísima crise que estamos a pasar", engaden os comerciantes.

Fecimo, neste sentido, está a contribuir cos seus asociados aportándolle toda a información que precisan relativa ás medidas e axudas derivadas da pandemia, pero tamén adoptando medidas e creando ferramentas que axuden a fidelizar aos clientes e a atraer a outros novos, xa sexa con campañas de dinamización ou con ferramentas que contribúan á dixitalización de cada establecemento de xeito conxunto co resto dos socios da comarca.

A bonificación dos envíos foi todo un éxito
Fecimo, co obxectivo de dar a coñecer os diferentes instrumentos de venda dos comercios, levou a cabo en marzo e abril unha campaña de promoción da loxística de envíos no comercio da comarca, de xeito de bonificou na súa totalidade todos os envíos realizados polos establecementos asociados para dar resposta ós pedidos dos seus clientes.
Desta forma, tanto negocios como clientes saíron beneficiados da iniciativa que pretendía dinamizar esta nova forma de consumo e que servira de exemplo de funcionamento de cara ao futuro.

A aplicación móbil Comercio do Morrazo


Fecimo ten dispoñible, tanto para dispositivos Android como iOS a nova APP Comercio do Morrazo, además dun club de clientes. No caso da aplicación móbil xa están rexistrados máis de medio milleiro de establecementos dos municipios de Marín, Bueu, Cangas e Moaña. 

O comercio local resístese á pandemia
Comentarios
ç