miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

Comesaña reafirma que o Centro de Saúde de Seixo manterá a súa actividade

Centos de veciños na manifestación do pasado venres. RAFA FARIÑA
Centos de veciños na manifestación do pasado venres. RAFA FARIÑA
O conselleiro de Sanidade respostou no Parlamento a unha pregunta formulada polo deputado do BNG, Paulo Ríos, en referencia ao peche

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou onte no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta formulada por o deputado do BNG, Paulo Ríos, que o Servizo Galego de Saúde manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo en Marín.

Deste xeito, o departamento sanitario galego asegurou a "continuidade asistencial" nesta infraestrutura sanitaria, ante a previsión de xubilación dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria. De feito, este foi un dos principais motivos que xeraron preocupación entre os centos de veciños de Seixo e outras parroquias colindantes con respecto a un posible peche do centro.

O deputado do BNG, Paulo Ríos, que formulou a pregunta en relación ao peche do centro ante a presencia dalgúns veciños de Seixo que se quixeron achegar onte ata o Parlamento Galego, describiu a manifestación do pasado venres coma "un feito histórico na parroquia de Seixo, xa que milleiros de veciños sairon ás rúas en contra das políticas sanitarias da Xunta de Galicia e polo seu dereito a unha sanidade pública de calidade e libre de recortes".

Nesta liña, Ríos expuxo que o Centro de Saúde de Seixo da servizo a preto de 5.000 persoas de diferentes parroquias e que "leva anos soportando recortes no que atinxe ao persoal". Por eso motivo, o nacionalista preguntou que "vai a pasar coa atención en Seixo, xa que hai moitos xeitos de deixar morrer un centro de saúde, e un deles é a non contratación ou a non sustitución do persoal", así como si está garantida "a sustitución do persoal por vacacións e a xubilacións". Ríos tamén criticou a ausencia dun servizo de Pedatría no centro e de profesionais de Fisioterapia.

Julio García Comseña: "En ningún momento se manifestou ou se tivo a intención de desmartelar ou pechar este centro de saúde"

En resposta, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expresou que, como consecuencia da actual escaseza de profesionais substitutos para cubrir esta próxima xubilación, García Comesaña dixo que o Sergas buscará alternativas administrativas que poidan cubrir esa ausencia, mentres non se poda efectuar a cobertura con estabilidade.

"A única alarma social que hai no Concello de Marín con respecto á sanidade é a que vostedes mesmos xeraron de xeito artificial, xa que en ningún momento se manifestou ou se tivo a intención de desmantelar ou pechar o centro", explicou Comesaña, que subliñou que este centro de saúde dispón de dúas prazas de Medicina Familiar e Comunitaria, que non se contempla amortizar e que seguirán prestando servizo asistencial.

"O centro de saúde de Seixo nin se pechará, nin contará con menos servizos", sentenciou.

Comesaña reafirma que o Centro de Saúde de Seixo manterá a súa...
Comentarios
ç