Comeza o embotellado da primeira colleita da IXP Terras do Morrazo

O presidente da Indicación Xeográfica Protexida destaca a calidade da añada

Xa comezou o primeiro embotellado da primeira colleita da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Morrazo desde a aprobación oficial da mesma o pasado mes de xaneiro. As tarefas comezaron este xoves na Adega dos Areeiros, que producirá 23.000 litros neste 2018.

Tanto o adegueiro e presidente da IXP, Guillermo Martínez Pintos, como o enólogo, Pablo Estèvez, destacaron a calidade desta añada, que tivo unha maduración pronta, o que lle confire un punto afroitado ao produto final, do que destacan que é o "ideal" para estrearse no mercado coa nova denominación de calidade.

Comentarios