Os comuneiros de Ardán, en alerta pola contaminación das traídas veciñais

O Concello reuniuse coa directiva para explicar as medidas levadas a cabo na EDAR de Pastoriza para o seu correcto funcionamiento
Un momento da reunión. DP
photo_camera Un momento da reunión. DP

A directiva da Comunidade de Montes de Ardán continúa coa súa preocupación polo funcionamento da EDAR. Por iso, a alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Manuel Santos, Marián Sanmartín e Pablo Novas volveu manter unha reunión a fin de atender esa preocupación e así explicarlles as diferentes medidas que se levaron a cabo nesta estación, para que o seu funcionamento sexa o correcto.

Esta depuradora –instalada no ano 2010 polo Concello para tratar as augas negras da zona e evitar este tipo de problemas- é a única coa que conta o municipio marinense, xa que o saneamento de todo o resto da localidade acaba na depuradora ubicada en Praceres. A EDAR de Pastoriza está pensada para dar cobertura a un núcleo de 102 habitantes, sendo as súas dimensións as correctas para esta demanda. Con todo, ultimamente os veciños veñen detectando nas análises realizadas unha serie de anomalías na depuración das augas das súas traídas veciñais. Segundo indicaron, das 12 traídas existentes na zona, esa contaminación apreciouse en catro.

En canto o Goberno local tivo coñecemento desta problemática fai aproximadamente un ano, intensificou os controis e o equipo técnico do Concello realizou as analíticas pertinentes a través dunha empresa acreditada, para coñecer máis a fondo o por que destes problemas na depuración das augas. Os resultados mostraron uns picos anómalos, sobre todo no mes de setembro, que fai sospeitar que se realizaron verquidos non domésticos na EDAR de PAstorizo. Despois de coñecer estes resultados, o Concello aumentou a vixiancia e os controis hidráulicos na estación.

As seguintes analíticas foron desvelando unha tendencia normal nos valores, que se foron regularizando. Desta forma, o Concello comprometeuse ca Comunidade de Montes de Ardán a continuar realizando unha vixiancia exhaustiva e a seguir facendo analíticas de control, sobre todo nas catro traídas afectadas, ate que non haxa rastro de contaminación na auga.

Comentarios