lunes. 17.02.2020 |
El tiempo
lunes. 17.02.2020
El tiempo

O Concello de Bueu repartirá esta semana un cento de composteiros

Imaxe de arquivo dun composteiro doméstico. ADP
Imaxe de arquivo dun composteiro doméstico. ADP
Os actos informativos terán lugar este martes e este mércores ás 19.00 horas no Centro Social do Mar

O Concello de Bueu repartirá esta semana un cento de composteiros individuais (COIN) entre a veciñanza da vila. Así, segundo avanzan desde a concellaría de Medio Ambiente, organizaranse dous actos que incluirán sendas charlas informativas e o propio reparto dos composteiros. Os actos informativos terán lugar este martes e este mércores ás 19.00 horas no Centro Social do Mar. A eles están convocadas as persoas que se inscribiron nos meses pasados, e coas que xa se contactou telefónicamente.

Os composteiros que se van entregar foron cedidos pola Deputación de Pontevedra e pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). Os obxectivos son principalmente tres: tratar por compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas, reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel, e prover dos materiais necesarios para implantar o tratamento 'in situ'.

O Concello de Bueu repartirá esta semana un cento de composteiros
Comentarios