Cangas inicia unha campaña para concienciar sobre a recollida das feces dos cans

Un joven paseando a su perro. PIXABAY
photo_camera Un joven paseando a su perro. PIXABAY

Desde a Concellaría de Servizos Sociais e Sanidade coa asociacións Aspamsin e Adisga, o Concello de Cangas está a promover unha nova campaña sobre a recollida de excrementos de cans: "A caca do teu can remata nas miñas mans e nos pulmóns".

O Concello cangués pide concienciación por parte de todos os veciños dado "o perigo que significa o fecalismo canino ao aire libre con forte repercusión na saúde humana".

Un can mediano xera uns 18 quilos de excremento ao mes que sumado ao producido por gatos, aves, pombas e roedores, inclusive o do ser humano, se transforman en po, "incorporándose ao aire que respiramos o que produce un problema sanitario moi serio, que se suma aos altos índices de contaminación", explican desde a concellaría.

Desde Servicios Sociais e Sanidad fan especial fincapé en que a materia fecal que se deixa en prazas e beirarúas contribúe á polución do aire, do acuífero subterráneo, de depósitos de auga, de lugares de esparexemento e, ademais, de diversos alimentos elaborados na vía pública. "Por iso, moitas veces os nosos parques e prazas conteñen parasitosis, geo helmintiasis...etc e que afectan especialmente aos nenos por ser os máis expostos", anotan.

Os xermes provenientes das feces introdúcense no organismo do ser humano por medio da respiración ou ao inxerir alimentos preparados na rúa. Isto ocasiona infeccións por parasitos, e enfermidades do aparello dixestivo, a visión, o corazón, o fígado e a pel.

Comentarios