domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

Marín destinará 70.000 euros á ampliación do Cemiterio Municipal da Raña

Unha veciña no cemiterio da Raña durante a pasada celebración do Día de Todos os Santos. RAFA FARIÑA
Unha veciña no cemiterio da Raña durante a pasada celebración do Día de Todos os Santos. RAFA FARIÑA
A empresa ACEVI fíxose coa licitación ► A obra inclúe un novo columbario, con 80 nichos e oito panteóns

O Concello de Marín informou da adxudicación da obra de construción dun novo columbario e de oito panteóns, unha actuación que é necesaria para a ampliación do Cemiterio Municipal da Raña.

A empresa que resultou con maior puntuación na licitación foi ACEVI, que será a encargada de realizar os traballos. En total, proxéctanse 80 novos pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo.

A maiores prantéxase tamén a construción de oito novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais. O proxecto suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería e a súa inversión ascenderá a case 70.000 euros.

Tanto o columbario como os panteóns construiranse na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello tamén ten outro proxecto de reformar a súa cuberta.

Ademais trabállase noutra actuación co obxectivo de protexer da chuvia tanto á fronte de cada un dos nichos como ás flores e cirios que os familiares dos defuntos depositan con frecuencia na base do mesmo, así como ás persoas que visitan aos seus seres queridos para orar polas súas almas.

A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.

Ambas actuacións, que redundarán nunha mellora do cemiterio máis utilizado en Marín, suman deste xeito unha inversión de case 80.000 euros.

Ambos proxectos complementarán a obra levada a cabo o pasado ano, coa que se creou un novo acceso ao cemiterio de A Raña. Esta entrada atópase no extremo norte do muro de peche leste do camposanto e contou cun presuposto de 40.801 euros.

O obxectivo deste novo acceso era proporcionar máis seguridade aos veciños que acudan ao cemiterio, xa que antes tiñan que recorrer unha distancia de 170 metros a pé nun camiño sen beirarrúas para chegar ata o outro acceso. A intervención tamén incluiu a renovación estética da zona.

Outras melloras nos cemiterios do concello En setembro do pasado ano tamén remataron as obras noutro cemiterio do concello, o da parroquia de Santomé de Piñeiro, no que se ampliou a área de estacionamento e tamén se mellorou o trazado da calzada. Os traballos, acometidos polo Concello de Marín en colaboración coa Comunidade de Montes de Santomé, consistiron na desmontaxe do terreo, ao que se lle incorporou unha base de zahorra e unha capa de rodadura para pavimentar a zona.

Outras melloras nos cemiterios do concello
En setembro do pasado ano tamén remataron as obras noutro cemiterio do concello, o da parroquia de Santomé de Piñeiro, no que se ampliou a área de estacionamento e tamén se mellorou o trazado da calzada.
Os traballos, acometidos polo Concello de Marín en colaboración coa Comunidade de Montes de Santomé, consistiron na desmontaxe do terreo, ao que se lle incorporou unha base de zahorra e unha capa de rodadura para pavimentar a zona.

Marín destinará 70.000 euros á ampliación do Cemiterio Municipal da...
Comentarios
ç