domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

O Concello de Marín prohíbe as churrascadas no Lago de Castiñeiras

Edificio do Concello de Marín. ARCHIVO
Edificio do Concello de Marín. ARCHIVO

A alerta de incendios en case toda a comunidade de Galicia levou ao Concello de Marín a tomar a drástica decisión de prohibir a realización de churrascadas en todo o Lago de Castiñeiras ata que "Dure o risco de incendio forestal extremo".

No comunicado da casa consistorial vía Twitter aclárase que está terminantemente "prohibido asar en calquera asador do Lago Castiñeiras. Nin tan sequera nos homologados para a época estival".


Epidemia de incendios

Medios desplegados en Viana do Bolo. @BrifLaza
Medios desplegados en Viana do Bolo. @BrifLaza

En toda Galicia, durante os últimos días producíronse varios incendios forestais. Algúns deles, coma o de Viana do Bolo, co resultado da devastación de 180 hectáreas.

Ademais deste gran lume, contabilizáronse un no municipio coruñés de Porto do Son, coa queima de máis de 40 hectáreas, outro en Verín, concretamente no municipio de Queirugás, que afectou a 144 hectáreas e por último, un no municipio de Riós onde o lume arrasou con 20 hectáreas.

O Concello de Marín prohíbe as churrascadas no Lago de Castiñeiras
Comentarios
ç