O Concello prevé rematar esta semana co plan de desbroces

Unha vez terminada esta área, iniciouse a liña de costa e a estrada PO-551

Operarios desbrozando. CEDIDA
photo_camera Operarios desbrozando. CEDIDA

O Concello de Marín, a través da Asociación Juan XXIII, segue co calendario de desbroces do rural, que comezou en abril deste ano polas zonas de As Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, A Cañota, O Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro.

Unha vez terminada esta área, iniciouse a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval Militar ata a Praia de Lapamán, abarcando a praia de Portocelo, a Barriada de Mogor, o Monte Raposeiras, os areais de Aguete e Loira, A Gorita, Montecelo, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás. O obxectivo era que estes lugares estivesen limpos de maleza para o comezo do verán.

Durante esta semana, terminaranse os traballos na fase tres deste plan de desbroces, que comprende Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Sermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Baguín. Ademais fixéronse desbroces puntuais en zonas de moito tránsito, onde a maleza impedía o paso normal de persoas ou vehículos.

Comentarios