O Concello de Marín reparará o valado do entorno do Lago de Castiñeiras

Os traballos súmanse á instalación dos asadores homologados, que foron colocados o ano pasado

Valado do Lago Castiñeiras. CEDIDA
photo_camera Valado do Lago Castiñeiras. CEDIDA

O Concello de Marín reuniuse cos presidentes das Comunidades de Montes de San Xulián e Santomé para "priorizar" as obras no Lago de Castiñeiras, indicou o Goberno municipal.

Así, tras o encontro decidiuse que antes da chegada do verán o Concello vai a asumir a mellora do valado, na parte que atinxe á vila marinense, xa que este enclave tamén está ubicado en chan de Vilaboa e Moaña.

Os traballos consistirán na reparación do valado de madeira tratada, retirando primeiro máis de 1.500 metros lineais do existente, substituíndoo por pezas novas nos tramos que faltan ou nas zibas nas que a madeira está moi deteriorada.

Ademais, deixaranse barreiras de paso para vehículos, para facilitar as labores de mantemento da zona.

O Concello tamén vai a "reparar e colocar novos paneis informativos en diferentes puntos estratéxicos, accesibles e facilmente visibles para facilitar o coñecemento deste paraxe por parte da poboación local e de todas as persoas que o visitan", sinalou.

Estas reparacións súmanse á instalación dos asadores homologados, que foron colocados o ano pasado. Ademais o Concello está tramitando o proxecto para a construcción de dous parques infantís que serán instalados no Lago de Castiñeiras, un na zona da CCMM de San Xulián e outro na da CCMM de Santomé, "estando nestes momentos tramitándose as autorizacións e as subvencións para poder acometelos", asegurou o Concello.

Comentarios