jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Constrúen unha pasarela sobre un río para rescatar a un motorista ferido en Moaña

Un particular foi o encargado de avisar ao 112

Os Bombeiros do Morrazo constrúen unha pasarela sobre un río para rescatar a un motorista que sufriu unha caída no monte.

Ocorreu uns minutos despois das cinco desta tarde en San Lourenzo, Moaña, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Tras a súa comunicación, o persoal do 112 Galicia activou un operativo no que era necesaria a intervención de equipos de salvamento e rescate, pois había que atravesar un río para poder levar a axuda ao ferido. Así, os efectivos do parque comarcal puxéronse mans á obra e improvisaron unha especie de pasarela para poder sacar ao ferido e levalo ata a ambulancia. De feito, varias dotacións de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 agardaban ao rescate do motorista para poder ofrecerlle os coidados necesarios.

Neste operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local e, desde o 112 Galicia, tamén se informou aos voluntarios de Protección Civil de Moaña.

Constrúen unha pasarela sobre un río para rescatar a un motorista...
Comentarios