Contratan a unha muller no 061 de Cangas sen dala de alta na Seguridade Social

A autoridade laboral sancionou á concesionaria e procedeu a regularizar a situación da traballadora
Una ambulancia del 061. DP
photo_camera Unha ambulancia do 061. DP

A FGAMT-CIG vén de denunciar as condicións de "explotación laboral, fenda salarial e vulneración do dereito a conciliar a vida laboral e persoal" que padecen as mulleres que traballan con contratos eventuais para Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem, concesionaria do 061. A empresa foi sancionada pola Inspección de Traballo por contratar a unha traballadora para o centro de traballo de Cangas sen dala de alta na Seguridade Social. A central sindical tamén denunciou outra contratación "en fraude de lei". 

A política de contratación de Ambulancias do Atlántico está a provocar, según a CIG, "un aumento das desigualdades" entre o cadro de persoal, e "unha vez máis son as mulleres as que saen prexudicadas". Dende o sindicato denuncian que "son os homes, na súa inmensa maioría, os que teñen contratos indefinidos con categorías salariais superiores, e as mulleres son as contratadas eventualmente, en ocasións de xeito irregular e en fraude de lei". 

Isto ocorre, en palabras da CIG, "ata o punto de que a autoridade laboral sancionou á empresa tras as denuncias presentadas polos representantes sindicais da CIG por ter contratado a unha traballadora sen estar dada de alta na Seguridade Social". A autoridade laboral procedeu a dar de alta de oficio a afectada. A primeira destas denuncias remóntase a marzo de 2020, e fixeron falta dúas máis "ante a falta de resposta da Inspección": 

Comentarios