domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

E a covid-19 arderá nas cacharelas

Os organizadores da festa de San Xoán en Cantodarea diante dunha das cacharelas temáticas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Os organizadores da festa de San Xoán en Cantodarea diante dunha das cacharelas temáticas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
SAN XOÁN DE MARÍN ▶A comisión de festas de Cantodarea organizará este martes por terceiro ano consecutivo a Noite de San Xoán, na que se constrúen fogueiras temáticas sobre un suceso relevante. Este ano, a organización decidiu adicar unha fogueira ao tráfico de eólicos do Porto de Marín e outra ao coronavirus, representado cun boneco

A NOITE DE SAN XOÁN é máxica, sobre todo na comunidade galega onde se asocia aos feitizos de protección, purificación e fertilidade, rituais tanto paganos coma cristiáns. O elemento máis característico da noite máis curta do ano é o lume, manifestado nas fogueiras e cacharelas que, por tradición, iluminan as praias de toda Galicia.

Pero a situación extraordinaria que se está vivindo pola crise sanitaria provocada pola covid-19 levou a que moitos concellos cancelasen as celebracións de San Xoán ou a prohibir as fogueiras nas praias, para así evitar aglomeracións de xente. Con todo, nalgúns puntos de Galicia, a tradición quere loitar contra o coronavirus.

Mentres que en Poio apostan por unha homenaxe ao seu patrón sen lume, en Marín manterán as cacharelas afastadas das praias. Por iso, en Cantodarea celebrarase por tercer ano consecutivo a Noite de San Xoán. Ademais será o único concello da comarca que realice fogueiras públicas, polo que se espera que se achegue un considerable número de persoas.

Por ese motivo, a organización tomará unhas estrictas medidas de seguridade en colaboración coa Policía Local de Marín e o 112. "A festa vai ser un pouquiño triste porque non vamos a ter nin sardiñada nin churrascada. O Concello foi o que nos chamou para facer a fogueira, pero este ano dixéronnos que non désemos comida para evitar formar colas pola situación. Aquí pode chegar a xuntarse moita xente, cerca das 2.000 ou 3.000 persoas e máis se xuntarán este ano porque o día seguinte é festivo", explica Morgan Pérez, responsable da comisión de festas de Cantodarea.

Tanto a organización como o Concello seguirán un estrito protocolo de seguridade. "Imos facer dous valados. Un interior para que ninguén se achegue as fogueiras e outro exterior para pechar o recinto", anota. Con respecto ao aforo, será a Policía Local a que controle o acceso das personas ao recinto, no que haberá "dúas entradas e dúas saídas".

Ademais, todo o mundo deberá entrar con mascarilla e cumprir coas distancias de seguridade. "O Concello vai facilitarnos mascarillas por se alguén se esquece. Se queren entrar teñen que tela posta", subliña Pérez.

Pero o que distingue a celebración da Noite de San Xoán en Marín por riba dos outros festexos é a temática. A creatividade non pasa desapercibida entre os membros da organización da festa marinense.

"O ano pasado construímos unha fogueira que era un furancho, no que durante a tarde se podía entrar a beber viño. Rompeu a pana e a xente encantoulle. Hai dous queimamos uns barcos que eran enormes e chamaba moito a atención. Eran espectaculares", resalta o reponsable da comisión, que este ano decidiu centrar a temática en dous temas de actualidade. Un cunha índole máis local, o tráfico de eólicos en Marín, e outro máis internacional: a pandemia do coronavirus.

"Obviamente o do coronavirus é pola situación. Ímolo queimar con esta fogueira e está representado cun boneco. O dos eólicos é porque cada semana entran no Porto de Marín barcos con eólicos", explica.

Para a comisión, que ten "moi boas expectativas por o bo día que vai facer", a intención principal é "levantar un pouco o ánimo da xente, xa que levamos moitos meses pechados na casa".

Tanto os máis pequenos da casa coma os adultos poderán gozar deste festexo. "Ás 22.00 horas queimaremos a fogueira do coronavirus para que a vexan os máis pequenos e, xa a medianoite, tocaralle á dos adultos, que é a dos eólicos. Vai ser todo moi bonito".

A pesar de que a organización non poderá poñer comida, si o farán os locais de hostalaría da zona, que ofrecerán sardiñas, mexillóns e churrasco, que se poderán degustar no recinto.

Morrazo Verde pide evitar os plásticos
A asociación Amigos do Morrazo Verde pediu ao Concello de Marín que non permita a queima de materiais plásticos nas fogueiras de San Xoán. Nun escrito, a asociación explica que, con respecto á fogueira de Cantodarea, "la normativa municipal prohíbe el uso de plásticos en las hogueras. Solamente necesitamos que se cumplan las normas".

E a covid-19 arderá nas cacharelas
Comentarios