A cultura friki conquistará A Raña este fin de semana

O III Marín Gaming Fest ofrecerá entre os días 11 e 12 unha decena torneos de videoxogos 
A presentación do Marín Gaming Fest. DP
photo_camera A presentación do Marín Gaming Fest. DP

O pavillón marinense da Raña convertirase este fin de semana no epicentro dos videoxogos e da cultura friki coa chegada do III Marín Gaming Fest. Os concelleiros Antonio Caiña e Hugo González presentaron esta nova edición do evento xunto a representantes de Gaming Troop, organizadores da cita  que se celebrará os días 11 e 12 e da que agardan "colleitar o mesmo ou máis éxito que en anos anteriores".

O principal atractivo desta edición serán os torneos de videoxogos. Algún deles, como o de League of Legends (Lol), xa superou a prefase online e continuará a competición presencial na Raña cos dez equipos -de cinco integrantes cada un- que resultaron clasificados. 

Non faltará o torneo de Smash Bros, que conta con máis de 40 persoas inscritas procedentes de diferentes partes de Galicia, Asturias, Castela e León ou o País Vasco. Tamén haberá torneos sen necesidade de inscripción previa de xogos como Mario Kart 8, EA Sports FC24 -o antigo FIFA-, o Rocket League, Tekken 7, Street Fighter 6 e TeamFight Tactics. Todos terán premio e contarán con modalidade de xogo libre.

O Marín Gaming Fest ofrecerá unha programación paralela de actividades. Organizarase un mercadiño de artistas, ao que se anotaron unha veintena de persoas, e unha zona de xogos de mesa, que contará coa presenza de creadores locais que darán a coñecer o funcionamento dos seus xogos.

Como cada ano, tamén se ofrecerán clases de iniciación e demostracións de partidas de Jugger, unha disciplina de equipo que combina elementos de rugby e esgrima, creada en Alemania e baseada na película La sangre de los héroes.

Todas estas actividades completaranse, o sábado a partir das 16.00 horas, cun obradoiro de retrato a bolígrafo da man da marinense Belén Diz e charlas de autopublicación por parte das artistas Laprislázuli e Anaguchi. O domingo, pola súa parte, estará protagonizado polo concurso de cosplay e tres charlas relacionadas con esta disciplina impartidas polas propias xuezas do certame.

Comentarios